Miguel Tudela: “A  telemetría pódenos axudar a mellorar o noso  surfing”

O  rider peruano Miguel Tudela, que participou no  QS/10,000 masculino dentro do ABANCA Galicia Classic Surf Pro, foi un dos que colaborou coa organización, permitindo a colocación dun chip na  licra coa que competiu, para poder medir os datos  telemétricos durante unha das súas mangas en tempo real. 

Para Tudela, a aplicación destes datos pode traer “resultados moi positivos”. “Por agora, coñecer a velocidade ou a forza coa que competimos, ter un dato numérico nese sentido, pódenos axudar a mellorar nos adestramentos”, subliñou.

“Ao final, aínda que na competición non teñan un valor no resultado final, ser capaces de analizar os aspectos nos que podamos mellorar, contribuirá a que melloremos o noso  surfing”, indicou. 

O competidor peruano realizou unha reflexión interesante, debido a que considera que “o manexo dos datos de  telemetría como parámetro para os xuíces na competición, pode engadir un valor obxectivo ás puntuacións”. 

Hai que apuntar a achega do Instituto Tecnolóxico de Galicia,  partner tecnolóxico oficial da competición, implementou para a cita de Pantín (Valdoviño, Ferrolterra, provincia da Coruña) a tecnoloxía necesaria para que por primeira vez, os surfeiros leven un dispositivo integrado en  licra que facilita a organización e que permite medir diferentes parámetros durante a súa participación.

Están a usar a nova versión da tecnoloxía  Flythings® desenvolta por  ITG analiza 180 parámetros por segundo de forma totalmente automatizada e achega información de valor para o público, o deportista, os xuíces e a organización do campionato.

ABANCA Galicia Classic Surf Pro conta co apoio institucional de Xunta de Galicia (Turismo de Galicia, Xacobeo 2021, Deporte Galego, Galicia Calidade, Secretaria Xeral de Igualdade, Conselleria de Medioambiente), Deputación de A Coruña, Concello de Ferrol, Concello de Valdoviño, Sociedad Mixta de Turismo de Ferrol, Costa das Ondas y Federación Galega de Surf, así como as firmas ABANCA, ESTRELLA GALICIA, CABREIROA, HOSPITAL QUIRON, INTERMAX, VOLKSWAGEN YAÑEZ, TAGHEUER, JOYERIA JAEL, SIROKO, GADIS, GAM, ITG Y VAZVA.

Deixa un comentario