NA FINAL MASCULINA ENTARÁNSE ADUR AMATRIAIN E KAI ODRIOZOLA

Hoxe tiveron lugar as semifinais en categoría masculina do 35 aniversario do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2022.

A primeira semifinal enfrontouse ao vasco Adur Amatriain e ao canario Luis Díaz. Ambos deron o mellor de si, pero finalmente foi o vasco, e vencedor da pasada edición, que superou no último segundo e pasou á final.

Na segunda semifinal enfrontáronse Kai Odriozola e o francés Tiago Carrique. Estes dous mozos surfeiros chegaron ás semifinais con moi boa puntuación, pero nesta última serie foi o español quen se impuxo e segue avanzando.

Ademais, durante a xornada desenvolvéronse multitude de actividades no recinto de ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2022. A partir dunha limpeza de praias a cargo de We Sustainability e Cabreiroá, co apoio da Ludoteca Corresponsables; diferentes obradoiros a cargo de Vithas; clases de skate na pista instalada e diferentes actuacións musicais.

Mañá, domingo 17, coroaranse os campións desta edición, comezando ás 11:00h a competición para as semifinais en categoría feminina.

Deixa un comentario