O ABANCA Galicia Surf Pro, un evento exemplar no cumprimento normativo

A organización do ABANCA Galicia Surf Pro está a realizar un intenso e  concienzudo traballo para poder cumprir cos estándares que estipula a normativa vixente no que á realización de eventos desta índole refírese. 

Conscientes da importancia de ofrecer as mellores condicións de seguridade e de infraestruturas, a organización está a ter especial coidado no mantemento da  señalética referida á prohibición de ter cans soltos na zona da praia de Pantín (Valdoviño, Ferrolterra, provincia da Coruña), así como no correcto cumprimento da circulación e aparcamento dos diferentes vehículos en áreas habilitadas (e autorizadas) para o efecto. 

Co obxectivo de que todos os asistentes á cita valdoviñesa contan coa maior información posible, está a comunicarse periodicamente as condicións de uso e funcionamento dos distintos espazos. 

Así mesmo, na liña de concienciación, protección ambiental e sustentabilidade, colocáronse diferentes contedores en todo a área que abarca o evento, co fin de que poder facer unha recollida controlada e selectiva dos residuos sólidos.

ABANCA Galicia Classic Surf Pro conta co apoio institucional de Xunta de Galicia (Turismo de Galicia, Xacobeo 2021, Deporte Galego, Galicia Calidade, Secretaria Xeral de Igualdade, Conselleria de Medioambiente), Deputación de A Coruña, Concello de Ferrol, Concello de Valdoviño, Sociedad Mixta de Turismo de Ferrol, Costa das Ondas y Federación Galega de Surf, así como as firmas ABANCA, ESTRELLA GALICIA, CABREIROA, HOSPITAL QUIRON, INTERMAX, VOLKSWAGEN YAÑEZ, TAGHEUER, JOYERIA JAEL, SIROKO, GADIS, GAM, ITG Y VAZVA.

Deixa un comentario