O ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020, EVENTO REFERENTE EN SEGURIDADE

Destacable o compromiso de asistentes, traballadores e competidores coa normativa sanitaria. 

O evento pecha as portas e consolídase como exemplo a seguir. 

https://youtu.be/EDfNdEdNZ_w

Pantín acolleu un ano máis o ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020. O histórico evento celebrou a súa 33 edición durante unha semana onde o sol e as ondas non abandonaron a praia de Pantín, Valdoviño. 
 
E é que esta foi a súa edición máis especial, sendo un dos primeiros eventos deportivos con público dentro da nova normalidade. Sen dúbida, posiciónase como un modelo para seguir para futuros eventos.  
 
Os asistentes puideron gozar do mellor surf na costa galega con actuacións como as dos campións, os surfeiros portugueses Teresa Bonvalot e Vasco Ribeiro. 
 
Igualmente, non faltaron a próbaa surfeiros do nivel de Aritz Aranburu, Joan Durú, Maud Le Car, Gony Zubizarreta, Pauline Ado, Maxime Huscenot e Yolanda Hopkins, que deixaron tras de si algunhas das mellores actuacións do evento.
 
Ademais, unha novidade neste ano foi a celebración do ABANCA SURF ADAPTADO que reuniu aos mellores 12 surfeiros europeos na súa categoría. Estes atletas demostraron que, con superación, compromiso e determinación pódese gozar do deporte, e en especial do surf sen importar as circunstancias. E foron eles, os participantes do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020 quen deu exemplo de compromiso para co evento, demostrando que con responsabilidade pódese practicar deporte de forma segura.
 
Todos os surfeiros debían ir con máscara ata o momento de entrar á auga para competir, e debían volver colocarlla ao saír. 
 
Á zona restrinxida para os atletas, só 4 surfeiros podían acceder ao mesmo tempo, minimizando así os riscos e ofrecéndolles unha área controlada e segura. 
 
De feito, compartiron nas súas redes que están orgullosos de formar parte deste evento tras o confinamento, gozando a onda de Pantín e sentíndose seguros en todo momento. 
 
Os asistentes realizaron un rexistro previo para poder acceder ao recinto, tras o cal se lles enviou un código QR identificativo, desta forma púidose controlar en todo momento o aforo, o sistema permitía á súa vez que, #ante un posible brote, puidésese rastrexar entre os asistentes de forma eficaz, rápida e segura.
 
Mesmo se apoiou ao Concello de Valdoviño no control de aforo con drons da “lomba” de Pantín e da praia grazas á colaboración con Aeromedia. 
 
Fixéronse controis de temperatura á entrada e era obrigatorio o uso de máscara e a desinfección de mans ademais de proceder á desinfección constante de todas as áreas do evento tras cada uso. 
 
Así mesmo, aos implicados no evento, staff técnico, organización, e outros traballadores, realizáronselles test serológicos que garantiron a seguridade do persoal do evento e á súa vez do público asistente. 
 
Como broche final do verán, o ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020 terminou sendo, outro ano máis, un gran éxito. A organización agradece o compromiso e a responsabilidade individual de todos os asistentes, competidores e traballadores, cuxo comportamento exemplar axudou á realización deste evento nas circunstancias que estamos a vivir. 

Deixa un comentario