
A proba foi presentada este mércores na caseta de FITUR en Madrid
Madrid, 24 de xaneiro:- A nova edición do Abanca Pantin Classic Galicia Pro foi presentada esta tarde na caseta de Galicia en Fitur, a feira do turismo que estes días celébrase en Madrid. O evento alcanza así os 37 anos de celebración de forma consecutiva e sen interrupcións, todo un fito que só tres campionatos desta magnitude conseguiron no mundo.
Como é xa tradicional, é en Fitur onde se desvelan as datas do campionato, que este ano se disputará entre os días 24 de agosto e o 1 de setembro.
É nestas datas cando existe unha maior posibilidade de que as ondas brillen en todo o seu esplendor na praia de Pantín (Valdoviño), unha das praias con máis constancia de ondas en Galicia debido fundamentalmente á súa orientación.
Tras desvelar as datas desta edición, Yago Barreto (representante da organización) recalcou a importancia de que este evento “siga pertencendo ao prestixioso circuíto World Surf League, convertendo a Galicia no epicentro do surf profesional do noso país”.
Confirmou tamén, que o evento seguirá na liña de transcender o meramente deportivo, anunciando algunhas das numerosas actividades que transcorrerán paralelamente ao evento: gastrónomicas, ambientais, musicais… toda unha oferta de lecer que atrae a unha media de 100.000 visitantes por edición.
Ao acto de presentación acudiron representantes políticos como José Manuel Rey Varela, alcalde de Ferrol, que destacou que a aposta polo territorio e o deporte do surfing, consolidou este campionato como un dos máis importantes do mundo, coa relevancia que isto conleva para a comarca de ferrolterra e Galicia en xeral.
Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña, expresou a importancia da colaboración entre as distintas entidades públicas e privadas para acadar a celebración de eventos desta magnitude e a promoción turística que implica.
Pola súa banda, Antonio Casas (xerente Axencia de Turismo de Galicia) indicou a aposta do organismo que representa do deporte como elemento catalizador do turismo.
Alberto González, alcalde de Valdoviño, municipio no que se realiza esta proba, subliñou a importancia da sinerxia entre patrocinadores, organización e veciños para celebrar con exito e durante tantos anos este campionato internacional, todo un referente declarado Fiesta de Interés Turístico de Galicia y en proceso de designarse Fiesta de Interés Turística Nacional. Unha marca en si mesma ligada ao nome de Pantín.