O ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO, RECLAMACIÓN PARA O DEPORTE, TURISMO E LECER

  • Na súa 35 edición, o evento sitúa a Galicia no mapa mundial.
  • “Desde Parque Ferrol estamos orgullosos de apoiar a nosa comarca patrocinando este evento mundial”.

O 35 aniversario do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO trouxo consigo unha gran variedade de novidades, entre elas a incorporación dun stand por Parque Ferrol no que desenvolven un obradoiro de tie-dye.
 
Esta cita internacional supón cada ano unha gran inxección económica para toda a comarca de Ferrolterra, e esta empresa local non dubidou en apoiar esta nova edición. “Estamos orgullosos de patrocinar o 35 aniversario de ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO, como empresa local apostamos por apoiar a nosa comarca, e este evento supón para elo unha gran oportunidade”, manifestaron dende a institución.
 
A praia de Pantín acolle con cada edición a surfistas e turistas de todo o mundo e, no Parque Ferrol, “apostamos por impulsar o desenvolvemento deste tipo de eventos, que sitúan a costa galega e a comarca no mapa mundial, ademais de para actuar como un reclamo para o deporte, o turismo e o lecer”, engaden desde a institución.
 
A través do stand instalado no recinto do evento, buscan reforzar o vínculo entre deporte e lecer, ofrecendo un obradoiro de tie-dye a disposición de todos os asistentes ao evento, onde poderán confeccionar unha camisa ou un bolso de tea totalmente personalizados. “A activación que desenvolvemos foi todo un éxito, confeccionáronse máis de 100 camisetas diariamente”.
 
Durante toda a xornada de hoxe, sábado e mañá, domingo, este obradoiro creativo seguirá aberto no local do 35 aniversario do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO.
 

Deixa un comentario