Empeza o Open Gallego que decide os pases directos á competición principal

Pantín, Valdoviño, 27 de agosto.-.Preto de 100 participantes galegos tomaron parte na competición por equipos na que finalmente se coroou a escola Daccs.
A nivel individual, este domingo arrincou o Open galego de Surf, que reparten entre os gañadores os wildcards, os pases de acceso directo á competición principal -WQS 3000- que comezará o vindeiro martes 29.
Mañá luns será a quenda das mozas Open en que as mellores se disputan a invitación para medirse entre as ondas coas mellores do mundo.
A fábrica de ondas, como se coñece á praia de Pantín, estivo funcionando esta fin de semana a pleno rendemento, con excelentes condicións de manobra e ondas de metro e medio.

Centenares de persoas, entre elas numeroso público de fóra da comunidade, deixouse caer esta fin de semana polo areal de Pantin no inicio dunha competición (do 26 ao 3 de setembro) que pasa por ser a única proba da WSL en España e que é un referente de entretemento e estilo de vida ligado a un tramo belísimo da costa ferrolá.
A música en directo, os postos de alimentación (con opcións veganas) e a oferta de lecer, skate e conciliación no Espazo Corresponsables (de luns a domingo, con bautismos de surf e talleres ambientais,.acabaron por redondear o evento cun simulador de surf de Parque Ferrol, a presenza de Martín Códax e a protección solar da Roche Posay.

En paralelo á competición, o Pantín Sound Estrella Galicia o cual contou este domingo coa música en directo dos Lunicos e con Pavlenha.
A colección oficial de Pantin Classic Galicia Pro by Vazva pode adquirise na tenda oficial da competición que abre de 11 a 20.00 horas.
Achegamos os resultados desta xornada na modalidade de competención por equipos:
Resultados Campionato Galego de Clubs
1-Daccs (Nigrán)
2-A Vella Escola After Surf (A Coruña)
3-Prado Surf (Vigo)