O FUTURO DO SURF EUROPEO CHEGA A DONIÑOS PARA O CABREIROÁ JUNIOR PRO FERROL 2022

  • Galicia volverá ser o epicentro do ámbito deportivo internacional.
  • O Teaser oficial garante un gran nivel deportivo.

https://www.youtube.com/watch?v=ofeK1U1UG3A

CABREIROÁ JUNIOR PRO FERROL 2022 acollerá, na súa segunda edición, o futuro do surf europeo na Praia de Doniños, en Ferrol, durante unha semana na que Galicia volverá ser o epicentro do panorama deportivo internacional.
 
O lanzamento do Teaser oficial garante un alto nivel deportivo para esta nova edición, onde os mellores surfeiros júnior do circuíto mundial se reunirán na costa galega para enfrontarse no World Junior Tour da World Surf League (WSL).
 
Xa confirmaron a súa asistencia máis de 250 deportistas, entre elas as irmás Janire e Annete González Etxabarri, a francesa Juliette Lacome, a canaria Lucía Machado e a española Bianca Tye.
 
Na categoría masculina destacan a presenza do alemán Tim Elter, dos portugueses Joaquim Chaves e Afonso Antunes, do tahitiano Kauli Vaast, do francés Kyllian Guerin e do vasco Kai Odriozola.
 
A acción comezará coas Trials Galegos, os días 9 e 10 de maio, cuxos primeiros e segundos clasificados nas categorías feminina e masculina obterán os ansiados Wildcards que abrirán as portas á cita principal.
 
E o mércores día 11 comezará a segunda edición do CABREIROÁ JUNIOR PRO FERROL 2022, onde estas novas promesas do surf volverán demostrar o alto nivel deportivo das novas xeracións. 
 

Deixa un comentario