150 mozos deportistas de 11 nacionalidades pelexan polos puntos da World Surf League en augas galegas
Este mércores arrinca o evento en Razo cos triais galegos e seguirá co campionato internacional na única parada da WSL en España
Razo, Carballo (A Coruña), 18 de setembro.- Cento cincuenta novos surfeiros, 96 homes e 49 mozas de once nacionalidades (Israel, Marrocos, Alemaña, Francia, Italia, Gran Bretaña, Bélxica, Holanda, Suíza, Portugal e España) que polo seu nivel e destreza encarnan o futuro deste deporte competirán nos próximos días en augas galegas por facerse co QS1000 da World Surf League (WSL) no Cabreiroá Junior Prol Razo-Caión (20-24 setembro).
Por primeira vez, a praia de Razo (Carballo) acollerá a competición internacional na única parada en España do circuíto europeo da WSL en categoría junior, despois do evento PROL celebrado a finais de agosto na praia de Pantín (Valdoviño).
En total, figuran rexistrados 96 mozos en categoría masculina (ata 21 anos) e 39 mozas na feminina (ata 21 anos), incluídas as wildcards da organización, que son as invitacións directas á competición principal da WSL que se disputarán os surfeiros galegos o mércores 20 en Caión a través da Federación Galega de Surf. Ademais dos surfeiros rexistrados, a organización rexistrou unha amplísima lista de espera de mozos deportistas que quixeron tomar parte na competición e non obtiveron praza.
O evento deportivo arrincará finalmente o mércores en Razo, cos triais galegos. Aínda que inicialmente estaba previsto que fosen na praia de Caión, #ante a previsión meteorolóxica e por razóns de seguridade, a organización e a Federación Galega de Surf optaron por trasladalos ao areal de Razo onde se concentrará o epicentro de toda a competición nunhas instalación que ocupan xa 4.000 metros cadrados a pé de praia.
O xoves 21 dá inicio a competición principal, WSL JUNIOR QUALIFYING SERIES, que ademais de ser a parada en España do circuíto europeo é a última, polo que da proba de Razo sairá o gañador anual do tour.
Entre as mozas, destacar nomes de surfeiros nun excelente estado de forma como Janire e Annette González Etxabarri, que a pesar da súa mocidade vén de gañar o Pantin Classic Galicia Prol 2023 fai menos de tres semanas mentres que a irmá máis nova gañou onte en Francia, ou a canaria Lucía Machado, mentres que na esfera internacional destaca a tahitiana Aelan Vaast, a francesa Sarah Leiceaga ou Gabriela Dinis, de Portugal.
Entre os mozos, o galo Noa Dupouy, Marco Marín, Markel Vizcarguenaga, Keoni Lasa, Nicolas Paulet, Kai Odriozola ou Sam Piter, competirán pola vitoria nun evento que aposta polo fomento do deporte basee, -con bautizos de surf gratuítos en augas de Razo para animar á práctica deportiva a calquera idade- a igualdade e a conciliación.
PRESENTACIÓN OFICIAL O XOVES 21 ás 11 NA CIDADE DO SURF DE RAZO
A rolda de prensa de presentación da competición terá lugar este xoves 21 ás 11:00 horas na pequena cidade do surf que se está instalando xa na praia de Razo. Será conducida polo surfeiro galego Gony Zubizarreta, xunto ao director do evento, Yago Barreto, e coa presenza das autoridades locais e dos organismos que impulsan este evento: Xunta de Galicia, Axencia de Turismo de Galicia, Deputación da Coruña, Concellos de Carballo e A Laracha, Deporte Galego, ademais dos nosos patrocinadores: Cabreiroá, Gadis Xoiería Jael, Intermax e o grupo de saúde Vithas.
PROGRAMA DO CABREIROÁ JUNIOR PRO RAZO 2023
MÉRCORES 20
09:00 Comezo competición GALICIAN TRIALS en praia de Razo.
10:00- 14:00/16-20:00 Apertura LUDOTECA CORRESPONSABLES (TODOS Os DÍAS ATA O 24) 11:00-20:00 Apertura AO VIVO STAGE. (CASETAS, RAMPLA SKATE, LECER…) TODOS Os DÍAS ATA O 24. 18:00 Fin competición e repartición WILCARDS entre os mellores deportistas galegos.
XOVES 21
09:00 INICIO COMPETICIÓN WSL MAIN EVENT
LUDOTECA, AO VIVO STAGE, TALLERES, CURSOS SKATE, BAUTIZOS SURF, MEDIO…
VENRES 22
08:00 COMEZO COMPETICIÓN WSL MAIN EVENT
19:00-00:00 Concertos RAZO SOUND: (Música en directo) AVOCADO DJ + SUPERFUZZ + PRAIA DESMAIO
SÁBADO 23
08:00 COMEZO COMPETICIÓN WSL MAIN EVENT
12:00 TALLERES SOSTIBLES – BY CABREIROÁ & WE SUSTAINABILITY
19:00-00:00 Concertos RAZO SOUND: LEUTER DJ + AMBIGÜO + TERROR ERÓTICO
DOMINGO 24
08:00 COMEZO COMPETICIÓN WSL MAIN EVENT
12:00 TALLERES SOSTIBLES – BY CABREIROÁ & WE SUSTAINABILITY
17:00 ENTREGA DE PREMIOS E COROACIÓN DOS CAMPIÓNS DO WSL JUNIOR TOUR