21 de setembro, Razo, Carballo (A Coruña). Primeiro día de competición WSL do CABREIROÁ JUNIOR PRO RAZO-CAIÓN. O mar púxollo complicado aos surfeiros júnior cunhas condicións de mar duras pero espectaculares que cativaron ao público.
Arrincou a xornada con rolda 96 masculina entre grandes ondas e fortes vento do oeste que deron ritmo ao campionato e teñen un papel determinante no evento.
Coa pleamar, os surfeiros atopáronse con condicións realmente favorables, con curtas dereitas e esquerdas moi longas. A medida que a marea foi baixando, a forza das ondas aumentou e deixo algúns tubos espectaculares.
Hans Odriozola demostrou a súa solidez e pasou primeiro na súa manga, apontoando a súa experiencia en competicións de alto nivel a pesar da súa mocidade.
Destacables tamén o surf do francés Noa Dupouy, o vasco Iker Trigueros e o alemán Tim Elter, xunto ao canario Moisés Domínguez .
A emoción continuou en rolda 64, onde o wildcard a Federación Galega de Surf e Deporte Galego o coruñés Manuel Fernández conseguiu clasificarse para a rolda 32 nunha actuación impecable en ondas potentes de
izquierdad surfeando a contra man.
Mañá venres ás 19.00 comeza Razo Sound coas actuacións musicais de Avocado Dj, Superfuzz e Praia Desmaio.