O MÉRCORES 19 COMEZA O ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020

  • A competición empezará ás 08:00h coa categoría feminina. 

  • Espéranse grandes condicións de ondas para toda a semana.

Debido ás condicións das ondas, a dirección do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020 decidiu que o comezo de competición comezará mañá mércores 19 coa categoría feminina. Espéranse grandes condicións de ondas, durante toda a semana, que sen dúbida os competidores aproveitarán para dar o mellor de si e ofrecer un gran espectáculo aos asistentes.

Con todo, hoxe a actividade no recinto non se detén e desde das 11:00h están abertas as portas para todo aquel que desexe gozar na zona de lecer visitando as diferentes casetas e tendas, para gozar con moderación na praia de Pantín.

Os surfeiros aproveitaron o día de hoxe para facer o check-in cun protocolo inédito, visitar as instalacións, e gozar da costa galega.

A acción comezará mañá en Pantín co Call ás 08:00h para a categoría feminina e de novo ás 12:00h con categorías feminina e masculina.

Deixa un comentario