O OPEN GALEGO DECIDIRÁ AS WILDCARDS PARA A ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021

  • Os primeiros e segundos clasificados nas categorías masculina e feminina obterán un pase á proba da Serie de clasificación da WSL.
  • Hoxe domingo 27 continúan as actividades.

Xa comezou o Open de Galicia na praia de Pantín, cuxos campións e subcampións das categorías de surf masculina e feminina obterán as wildcards para a proba da Qualifying Series da World Surf League (WSL), o ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021.
 
Mentres a competición continúa na auga nas diferentes categorías, como Longboard e Master, as actividades non paran. No stand de Cabreiroá EcoLogic continúan con diferentes charlas e obradoiros para concienciar sobre a importancia de coidar a costa galega, xunto con clases de skate na rampla instalada. Ademais, tamén podes gozar da gran variedade de food trucks e da terraza de Estrella Galicia.
 
Lembramos que é necesario facer un rexistro de seguridade previo para poder acceder ao evento. Unha vez feito isto, obterán un código QR que deberán presentar na entrada no seu móbil ou impreso.

Deixa un comentario