7 Setembro, 2019

O Pantín  Soundwave Son pecha o evento

O Pantín  Soundwave Son servirá como peche do ABANCA Galicia Classic Surf Pro. O escenario Estrela Galicia converterase no centro do entretemento coas actuacións de Mario  Azurza (20:00-23:00 horas) e Rocío  Saiz  dj ( Chillers/ Monterrosa) (23:00-00:30 horas), que poñerán o ritmo e a música nas instalacións da praia de Pantín. 

O resto de áreas do festival como os ‘ foodtrucks’ e as casetas de Estrella Galicia estarán dispoñibles para que os asistentes poidan degustar diferentes tipos de comidas e bebidas. 

Dentro da firme aposta pola sustentabilidade e a protección do  medioambiente,  poderás tomar as túas consumicións nos vasos biodegradables distribuídos por Estrela  Galicia e desenvolto en exclusiva para o evento.