- O australiano e o surafricano, ambos os ex CT, pasaron a primeira ronda, tras acabar primeiro e segundo respectivamente na súa manga
- A número 8 do CT, Tatiana Weston-Web cae eliminada na ronda 3 do QS/10.000 feminino do ABANCA Galicia Classic Surf Pro
- Amuro Tsuzuki marca a pauta e consegue a ‘Mellor puntuación acumulada do día’ con 16,33 puntos na competición feminina
O QS/10.000 masculino comezou este luns (2 de setembro), coa participación de dous ex competidores do Championship Tour ( CT), Matt Wilkinson (Australia) e Michael February (Sudáfrica), que lograron meterse na primeira ronda. A cita está a disputarse na praia de Pantín (Valdoviño, Ferrolterra, provincia da Coruña) e pertence ao circuíto da World Surf League.
Ambos os surfeiros coincidiron na manga, pasando o australiano como primeiro, cunha puntuación de 12,30 puntos, mentres que o surafricano foi segundo, cun total de 11,56 puntos.
Cabe apuntar que tamén pasaron a segunda ronda competidores da relevancia dos hawaianos Keanu Asing (ex CT), Joshua Moniz e Dusty Payne (ex CT), o brasileiro Samuel Pupo e o peruano Lucca Mesinas (xa clasificado para a disputa dos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020).
En canto á actuación dos españois, Rubén Vitoria logrou ser o primeiro na súa manga, polo que meteuse na clasificación para a seguinte ronda. Non poden dicir o mesmo Miguel Pérez – Moneo e Jatyr Berasaluce, gañadores das ‘ wildcards’ dos Triais de Doniños, que foron eliminados.
En canto aos resultado da xornada, a ‘Mellor onda do día’ foi para o australiano Jackson Baker, con 9,27 puntos, e a ‘Mellor puntuación acumulada nunha manga do día’ foi para o neozelandés Elliot Paerata-Reid, cun total de 16,83 puntos.
Boa actuación de Tsuzuki, no QS/10,000 feminino
A xaponesa Amuro Tsuzuki perfílase como unha das rivais para bater dentro do QS/10,000 feminino.
Tsuzuki foi capaz de vencer ante a francesa Johanne Defay (10ª no CT), nun duelo que resultou apaixonante. Ambas as competidoras conseguiron unha onda de 9,00 puntos, pero a nipoa foi capaz de complementala cunha onda de 7,33, o que lle valeu conseguir a ‘Mellor puntuación acumulada do día’ e da competición, cun total de 16,33 puntos.
A gran sorpresa da ronda 3 foi a eliminación da número 8 do CT, Tatiana Weston- Webb. A brasileira non puido derrotar á australiana Macy Callaghan (16ª do CT), que tamén está a realizar un bo papel na cita galega.
Así, Amuri Tsuzuki medirase a brasileira Silvana Lima (13ª no CT), mentres que Macy Callaghan cruzarase coa australiana Isabella Nichols (1ª no QS).
O resto de emparellamentos de cuartos de final é: Bronte Macaulay (11ª no CT, Australia) – Philippa Anderson (Australia) e Chelsea Tuach ( Barbados) – Sage Erickson (2ª no QS, Estados Unidos).
Quedaron fóra da competición, á parte de Weston- Webb e Johanne Defay, as australianas Sophie McCulloh e Keely Andrew; as xaponesas Ren Hashimoto e Sara Wakita; a estadounidense Alyssa Spencer e a costarriqueña Brisa Henessy.
A previsión das condicións para a xornada deste martes (3 de setembro) é boa. A chamada para a categoría masculina, está fixada para as 10:00 horas, e para a categoría feminina, será ás 13:00 horas.
ABANCA Galicia Classic Surf Pro conta co apoio institucional de Xunta de Galicia (Turismo de Galicia, Xacobeo 2021, Deporte Galego, Galicia Calidade, Secretaria Xeral de Igualdade, Conselleria de Medioambiente), Deputación de A Coruña, Concello de Ferrol, Concello de Valdoviño, Sociedad Mixta de Turismo de Ferrol, Costa das Ondas y Federación Galega de Surf, así como as firmas ABANCA, ESTRELLA GALICIA, CABREIROA, HOSPITAL QUIRON, INTERMAX, VOLKSWAGEN YAÑEZ, TAGHEUER, JOYERIA JAEL, SIROKO, GADIS, GAM, ITG Y VAZVA.