O SURF INCLUSIVO E ADAPTADO, PROTAGONISTA NO INICIO DESTE 35ª ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO


  • Máis de trinta deportistas con discapacidade de Brasil, Canadá, Estados Unidos, Italia, Alemania, Francia, Portugal e España xa están inscritos neste 2022. 
  • Por primeira vez, o surf adaptado terá un espazo propio no ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2022 coa primeira proba en augas galegas e 10.000 euros en premios. 
  • ‘Os deportistas discapacitados estamos ben felices de ter esta gran oportunidade de competir’, di Francesena, surfista cego de Zarautz. 

Aitor Francesena Uria‘Gallo’ perdeu a vista en 2011. Primeiro por un glaucoma conxénito e despois, nun golpe de mar. Privado da vista, non se afastou da súa paixón polo océano. A cegueira non lle impediu surfear como poucos e ser un dos adestradores máis populares deste deporte, detrás dos éxitos deportivos de figuras como Aritz AranburuKepa e Eneko Aceiro ou Asier Muniain.

“Querer é poder”, repite sen cesar. Aitor Francesena será un dos surfeiros con discapacidade que estarán presentes na 35ª edición do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2022 que arrinca o vindeiro 9 de xullo cunha aposta determinada polo deporte inclusivo a través do surf adaptado. 

Xunto a Francesena, outros 32 deportistas (26 homes e seis mulleres) chegados desde Brasil, Canadá, Arxentina, Estados Unidos, Alemaña, Países Baixos, Francia, Portugal e España. Entre os máis novos, Álvaro Menéndez, con tan só 15 anos e a experiencia da paralímpica portuguesa Marta Jordao Paço; Destacan, tamén, o exemplo de vitalidade do arxentino Nicolás Gallegos e do norteamericano Dana Cummings, en activo  na competición con  máis de 52 anos. 

A competición de surf adaptado da inicio á 35º edición do campionato ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2022 o sábado 9 e prolongarase durante toda a fin de semana ata o luns 11, cando, se as condicións do mar o permíten, terán lugar as finais que repartirán un total de 10.000 euros en premios.

“Gracias a Pantín Classic temos a oportunidade de adestrar para máis dunha proba. Ate agora estabamos limitados aos Campionatos de España e de Europa. Que este ano pensaran en nós, deportistas discapacitados que amamos o surf,  dentro da competición é para quitarse o sombreiro e aplaudir á organización e os patrocinadores por facelo posible”, destaca Francesena desde Zarautz. 

“Con todas as dificultades que nos trouxo a pandemia, ao fin este verán poderei estar surfeando e compartindo cos compañeiros a praia de Pantín. O surf adaptado xa é profesional e temos que estar aí para que este deporte medre e o fagamos cada vez máis grande”, apunta Nicolás Gallegos, que xa iniciou a viaxe desde Miramar (Arxentina) para tomar parte por primeira vez no ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2022
 
 “A Xunta de Galicia colabora con este proxecto pioneiro que é exemplar en toda España e que une deporte con discapacidade, cos valores que suman estes eidos, como son o compañeirismo o traballo en equipo e sobre todo o afán continuo de superación”, sinalan desde a Dirección Xeral de Maiores e Discapacidade. 

Pola súa banda, ABANCA subliña que os valores do deporte deben prevalecer e ofrecer igualdade de oportunidades a todos os deportistas independentemente das súas capacidades. 

Sen dúbida, un exemplo de vida e superación que situarán a Galicia como referente do deporte inclusivo na cita deportiva máis sinalada do verán. 

Deixa un comentario