O TEASER OFICIAL REVELA O ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO COMO O EVENTO DE VERÁN

https://www.youtube.com/watch?v=s3U5te6SjpQ

  • Unha auténtica celebración no mellor dos ambientes.
  • Galicia, destino preferente para o turismo activo, a cultura e o deporte internacional.

O lanzamento do Teaser oficial do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2022 prevé que será a cita imprescindible deste verán.
 
Cos mellores surfistas nacionais e internacionais, en categoría masculina e feminina, as mellores ondas e o mellor ambiente na Praia de Pantín, Valdoviño, Galicia volve consolidarse como destino preferente para o turismo activo, a cultura e o deporte internacional.
 
E é que, na súa 35 edición, a probo do circuíto mundial da World Surf League (WSL) será moito máis que un evento de surf.
 
Moi pronto daranse a coñecer toda as novidades programadas para as xornadas de competición, que garantirán un ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2022 inigualable.
 
¡Non te perdas este adianto do que te espera en Pantín!

Deixa un comentario