11 Xuño, 2021

OFICIAL DE TEASER ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021

O Teaser oficial do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021 confirma que Galicia e Pantín seguen a ser o destino preferido para o mellor surf europeo e o evento, un dos máis importantes do ámbito deportivo internacional. 
 
Do 26 de xuño ao 4 de xullo, Galicia converterase no epicentro do surf internacional, acollendo aos mellores surfistas europeos que se darán cita en Pantín.
 
A acción comezará co Open de Galicia, que terá lugar os días 26 e 27 de xuño. O primeiro e o segundo clasificado en categorías masculina e feminina poderán acceder á proba da Qualifying Series da World Surf League (WSL), o ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021.
 
O día 28 celebrarase a segunda edición de ABANCA Adapted Surf, onde poderemos ver de novo a atletas que sen dúbida son un gran exemplo de superación, perseveranza e esforzo.
 
E o 29 de xuño comezará o ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021 no que surfistas de toda Europa competirán para ser coroados campións da 34a edición do evento na praia de Pantín.