OS GALEGOS DANIELA ALONSO, MANUEL FERNÁNDEZ, LUCÍA MARTÍNEZ E SEBAS BAAMONDE VENCEN NO OPEN GALEGO E LOGRAN O PASE DIRECTO AO CABREIROÁ JUNIOR PRO RAZO

Este mércores 25 arrancará a competición principal para coroar ao campión e a campioa sub-20 de Europa da Liga Mundial de Surf

Carballo (A Coruña), 25 de septiembre.- O Open Galego do Cabreiorá Junior Pro Razo xa ten aos seus primeiros campións 2024 tras loitar nas ondas por conseguir unha das catro invitacións -wildcards- da organización para lograr o pase directo a competición principal para que os mellores surfistas novos de Galicia poidan medir as súas forzas contra os mellores do circuito europeo internacional.

Manuel Fernández e Sebastián Baamonde, ambos surfeiros da Coruña, en categoría masculina e Daniela Alonso (Vigo) e Lucía Martínez Bermúdez (Viveiro), entre as mozas, foron os vencedores do Open Galego do Cabreiroá Junior Pro Razo, xunto coa Federación Galega de Surf, para dar a oportunidade de competir o futuro do surf galego a carón dos mellores do mundo.

Hoxe principiaba as 14:00 a competición principal da Liga Mundial de Surf cunhas condicións climáticas complicadas coa costa galega en alerta laranxa con fortes rachas de vento pero poucas ondas para as rondas clasificatorias, que se atrasaron esperando as mellores condicións de marea.

As mangas clasificatorias pódense seguir en directo nesta ligazón: https://www.worldsurfleague.com/events/2024/jun/307/cabreiro-junior-pro-razo/main

A II edición do Cabreiroá Junior Pro Razo disputarase en aguas de Razo até o 28 de setembro, data na que se disputarán as mangas finais para coroar aos vencedores do campionato pero, ademais, aos campións do circuito Europa-Medio Oriente da WSL (World Surf League), a Liga de Surf Profesional.

É o derradeiro evento deportivo de la WSL (Liga Mundial de Surf) que pecha este verán 2024 en da Coruña coa participación de 187 surfistas -131 mozos e 56 mozas- sub-20 do circuito continental.

Lembrarvos que a pequena cidade do surf de Razo conta cun ESPAZO CORRESPONSABLES da man da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta aberto todos os días da competición como recurso para a conciliación para familias con nenos de 4 a 16 anos de 10 a 14 e de 16 a 20 horas ate o remate do evento, no que tamén poderedes atopar foodtrucks e un pequeno espazo de consumo.

Deixa un comentario