Os GRANDES FAVORITOS DO MEN´ S QS 10,000

O cartel de participantes deste 2019 non pode ser máis atractivo. A nova puntuación da proba propiciou que algúns dos surfeiros que se están a xogar o descenso do ‘ Championship Tour’ ( CT) (máxima categoría mundial), quixesen estar presentes en busca dun resultado que lles permita escalar posicións. 

de Souza / WSL - Janssens
Adriano de Souza / WSL – Janssens

Adriano de Souza será unha das referencias dentro da lista de inscritos. O surfeiros brasileiro foi nada menos que campión do mundo en 2015 pero debido a unha lesión de xeonllo, afastouse da alta competición durante unha tempada.

Dora / WSL - Herron
Dora / WSL – Herron

Riders da talla do francés Joan  Duru (24º no  CT) ou o propio Yago Doura (25º no  CT) tamén estarán presentes na cita galega. Un dos surfeiros máis mediáticos do momento, Jack  Freestone (25º no  CT); o estadounidense  Griffin  Colapinto (28º no  CT), e o  hawaiano  Ezekiel  Lau (28º no  CT), completan o grupo de participantes do  CT. Ademais, o australiano  Matt Wilkinson repite de novo este ano.

Na outra cara da moeda, na pelexa polo ascenso desde o  QS, atópase o líder desta competición, o francés  Jorgann  Couzinet (1º no  QS), así como  o australiano Jack  Robinson (17º no  QS). En ambos os casos, demostraron durante a tempada un alto nivel, que lles permitirá ser uns rivais a ter en conta para os participantes que se atopan no  CT. 

Sendo en Galicia, hai que mencionar ao mellor surfeiro español,  Aritz  Aranburu (50º no  QS). O vasco, que xa gañou a por entón Pantín Classic en 2011, fará gala do seu surf técnico e potente, nunha onda que coñece á perfección.

A proba do circuíto da World Surf  League ( WSL), que é un dos dous únicos dobres  QS/10.000 (categorías masculina e feminina) do calendario, disputarase entre os días 28 de agosto e 7 de setembro, na praia de Pantín (Valdoviño, Ferrolterra, A Coruña).

Duru / WSL – Cestari
Duru / WSL – Cestari

Deixa un comentario