OS SURFISTAS NON DECEPEN O PRIMEIRO DÍA DO ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021

    • O surfista portugués, Alfonso Antunes, consegue a mellor onda do día cun gran 8,27 sobre 10.
    • Lucia Machado, surfista española, obtén a mellor puntuación total do día con 14,23 puntos.

Remata a primeira xornada da competición ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021, un evento da Qualifying Series da World Surf League (WSL), con grandes actuacións en categorías masculina e feminina.
 
Durante a tarde disputouse a terceira rolda de competición masculina na que participaron surfistas de renome internacional como o vasco Aritz Aranburu, o marroquí Aboukabar Bouaouda, o portugués Henrique PyrraitLuis Perloiro e Alfonso Antunes, que obtiveron a mellor onda do día cun grande 8,27 de 10; Tamén destacaron os franceses Gatien DelahayeTristan Guilbaud e Joan Durú. Este último tamén expresou que lle encanta poder volver un ano máis para competir na praia de Pantín, en Valdoviño.
 
Posteriormente, a categoría feminina tomou o relevo, coa disputa das dúas primeiras xornadas, e cabe destacar as actuacións de Lucia Machado, surfista española, que acadou a mellor puntuación total do día, con 14,23 puntos; seguida de preto por Emily Gussoni, surfista italiana, que anotou 12 puntos; o vasco Mikele Beato, con 11,57 puntos; e a francesa Juliette Lacome con 11,50 puntos en total.
 
Dende Vithas, soporte médico oficial, trataron hoxe a 18 surfistas que precisaban fisioterapia e a 4 persoas no centro médico instalado na praia de Pantín.

A competición continúa na praia de Pantín co remate da terceira proba feminina e mañá mércores 30 a convocatoria será ás 09:30h para a categoría masculina.

Lucia Machado / Photo: WSL – Masurel.

Deixa un comentario