1993

campionato celébrase por primeira vez en pleno verán, entre o 29 de xullo e o 1 de agosto, cunha praia de Pantín a rebordar de público. O Pantín Classic intégrase no circuíto mundial WQS cunha categoría de unha estrela e mantense o campionato europeo. Os vencedores foron o brasileiro Joca Junior na proba mundial e … Read more

1992

Un top-five mundial por primeira vez en Pantín: Mark Occhilupo, Occy, participou en Pantín nun momento complicado da súa carreira deportiva. Sete anos despois conseguiría o título mundial, manténdose ata hoxe en día no top-44 do circuíto. O británico Justin Strong vencería o campionato Open, e Grishka Roberts o europeo. O importe en premios duplícase … Read more

1991

A primeira edición con ondas inmensas. Quiksilver incorpórase como patrocinador principal do evento, iniciándose unha frutífera relación de patrocinio que termina no ano 1997. Durante os catro días do campionato, celebrado entre os días 3 e 6 de outubro, celébranse en paralelo dúas probas: o campionato europeo, e o evento Open aberto a surfeiros de … Read more

1990

Edítase por primeira vez a revista do campionato con David Malherbe na portada. O campionato entra a formar parte do circuíto Pro-Am europeo. O importe en premios desta edición é de 4.000 €. O australiano John Mills imponse na final a Spencer Hargraves, Justin Strong e Pablo Postigo. O campionato ten lugar no mes de … Read more

1989

O surafricano David Malherbe vence na segunda edición da proba ao británico Mike Raven, ao australiano Mat Manners e ao español Jupa Soler. O campionato desenvólvese entre os días 29 de Setembro e 1 de Outubro. Os resultados da proba son publicados no Surfer Magazine do mes de abril de 1990.

1988

Primeira edición do Pantín Classic, celebrada entre os días 23 e 25 de Setembro. Jorge Imbert (Euskadi) imponse na final a Fernando Adarraga (Galicia), Balbi Irisarri (Galicia) e Roberto Ziller (Brasil). Gonzalo Casal (Super) vence na proba de bodyboard a Luís Veiga. A PRIMEIRA EDICIÓN Fernando Adarraga e Balbi Irisarri (na primeira foto, con licras … Read more