Representantes das distintas Administracións implicadas no evento e patrocinadores suman forzas para lograr a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional do Abanca Pantin Classic Galicia Pro
A praia de Pantín enmárcase no tramo que acaba de ser protexido pola Unesco dentro da rede mundial de Xeoparques
A 36 edición aspira a bater récords de público con 5.000 metros en instalacións de lecer nun miradoiro único á praia do Rodo
Ludoteca gratuíta, espazo de saúde, bautismos de surf, obradoiros de reciclaxe e postos de gastronomía completan a oferta de lecer dun evento que vai máis aló do surf

Pistoletazo da saída á competición oficial da 36º edición do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO, -ata o vindeiro domingo 3 de setembro-, nas augas atlánticas da praia de Pantín, nun campionato cargado de novidades dentro e fose da auga e co desafío de acoller aos case 100.000 visitantes de edicións pasadas.
Polo areal de Valdoviño pasarán ao longo desta semana máis de 175 dos mellores surfeiros internacionais do momento -en categoría masculina e feminina nunha proba é exemplo de igualdade no deporte- na que será a única proba en España do circuíto clasificatorio da World Surf League.
A presentación oficial do evento tiña lugar este mediodía (12:00 horas) na cidade do surf que se levanta estes días sobre a praia do Rodo, coa presenza de todas as institucións e patrocinadores da competición que o fan posible ano tras ano coa súa implicación e compromiso coa transcendencia do evento que é o mellor escaparate turístico para o litoral ferrolán, dentro do Xeoparque Ortegal da rede mundial da Unesco.
O alcalde de Valdoviño, Alberto Gonzaléz, como concello que é anfitrion do evento, quixo poñer o foco precisamente na oportunidade que se abre para a costa de Ferrolterra a declaración de Xeoparque da Unesco e animou aos presentes para sumar esforzos para elevar a dimensión do campionato.
Pola súa banda, José Manuel Rey Varela, o alcalde de Ferrol, subliñou a aposta decidida que o Concello volveuse a facer polo campionato de surf, que supón un gran impulso ao desestacionalizar o turismo en toda a comarca, Do mesmo xeito que o seu homólogo, o rexedor de Valdoviño,
Rey Varela e González apostan porque o evento sexa recoñecido como Festa de Interese Turístico Nacional co empuxe da Mancomunidade da que ambos os concellos forman parte. “Pantín é música, é inclusión, é conciliación, é gastronomía e turismo, en esencia. Imos soñar con seguir crecendo”, proclamou o rexedor ferrolán.
Xosé Manuel Merelles, director de Turismo da Xunta, tamén mostrou a súa satisfacción polo apoio á competición que cumpre cos obxectivos de ‘internacionalización e sustentabilidade’ e que é froito da colaboración público privada entre as Administracións e os patrocinios cun obxectivo común. Merelles estivo acompañado na presentación pola delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, que encomiou ‘o carácter inclusivo” da proba que tamén permite a outros demostrar a súa valía e capacidades no surf adaptado.
Pola súa banda, desde a Deputación da Coruña, o seu vicepresidente, Xosé Regueira, avanzo a celebración do próximo campionato Razo Junior Prol 2023 na praia de Razo (Carballo) no mes de setembro, na que será outra gran oportunidade para seguir empuxando a candidatura de Costa da Morte a reserva mundial de surf desde a competición entre as novas promesas deste deporte en Galicia.
A presentación correu a cargo do surfeiro galego Gony Zubizarreta, un dos máis veteranos e queridos na competición, xunto a Yago Barreto, director do evento. Ao seu lado, os patrocionadores sen os que non sería posible celebrar os 36 anos do campionato como Abanca, Gadisa, Estrela Galicia, Xoiería Jael, Vazva, Vithas e Federación Galega de Surf de Galicia que estiveron representados por Rosa María Fustes (Abanca), Fernando Mosquera (Gadisa), Manuel Eiroa (Estrela Galicia), Tono Carabel (xoiería Jael), Óscar Vales (Vazva) e Mateo Saco (Federación Galega de Surf).
MOITO MÁIS QUE SURF NUN GEOPARQUE DA UNESCO
Máis aló da competición oficial do Abanca Pantin Classic Galicia Prol 2023 o areal de Pantín ofrece moito máis: un simulador de surf con premio seguro da man de Parque Ferrol, protección solar da La Roche Posay, infraestrutura sanitaria de Vithas, tenda oficial coa colección exclusiva de Vazva para esta edición (aberta de 11 a 20:00 horas).
A oferta gastronómica toma forma en ata 14 food trucks (postos de alimentación) con opcións veganas, xeados, pizzas, crepes e unha oferta variada para todos os gustos e idades, da man de A Taquilla, Hanna, Ybarra, O Carriño, pizzería A Bandoleira, Buenasuegra, Xeados Pepe, A Coctelería, A crepería, WOVO ou A Roulant, ademais doutras colaboracións con Petroni ou Martin Códax.
