PASARON MÁIS DE 7.000 ASISTENTES POLO ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021

  • Hoxe proxéctanse as longametraxes Lost Track New Zealand e Iballa Corazón de Escamas.
  • As surfistas olímpicas Teresa Bonvalot, Pauline Ado e Yolanda Hopkins competirán mañá.

Xa son máis de 7.000 os asistentes que asistiron ao ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021, evento das Qualifying Seires da World Surf League (WSL), durante estes días para participar nos diferentes coloquios, obradoiros, concertos e proxeccións cinematográficas que teñen tivo lugar durante esta semana.
 
Hoxe celebráronse no stand Eco-Logic de Cabreiroá varias presentacións sobre a importancia de protexer as nosas costas e océanos, xunto coa proxección das longametraxes Lost Track New Zealand e Iballa Corazón de Escamas.
 
Ademais, tamén se celebraron diferentes obradoiros a cargo de Vithas, o apoio médico oficial do evento, dirixido polos fisioterapeutas Alex Dios e Valentín Gutiérrez e o doutor Idoya SanLuis Fernández.
 
Así mesmo, na Zona da Vila a actividade non cesou, xa que dende que abriron as portas ao mediodía a xente non deixou de vir a gozar da variedade de Food Trucks, a terraza Red Bull e o Estrella Galicia Space.
 
Mañá sábado está prevista a convocatoria para as 08: 00h para a disputa da terceira rolda na categoría feminina, onde competirán as surfistas olímpicas Teresa BonvalotPauline Ado e Yolanda Hopkins, xunto con Leticia CanalesNadia Erostarbe e Maud Le Car.
 
E a partir das 10:00h, disputarase a cuarta rolda da categoría masculina, onde poderemos ver surfistas do calibre de Aritz AranburuJoan DurúAfonso AntunesArran Strong e Aboubakar Bouaouda.

Deixa un comentario