PECHE DO OPEN GALLEGO DE SURF QUE REPARTE OS 4 WILDCARDS PARA O ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO

A viguesa Daniela Alonso en categoría feminina e o coruñés Manuel Fernández en categoría masculina son os campións galegos Open de surf que representarán a Galicia no WQS 3000.

Juan Fernández e Lola Bermúdez tamén estarán na cita internacional tras completar as segundas prazas e os dous últimos wildcards dos 4 dispoñibles.

A última xornada do Open Gallego de Surf deixou pechadas as 4 prazas que dan acceso a través da Federación Galega de Surf ao WQS 3000 ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO para os surfeiros galegos en categoría masculina e feminina. Con condicións de ondas que roldaron o metro e algo de vento cruzado deixaron practicar un bo surf con manobras encadeadas neste último día de competición.

Coa marea subindo víronse as mellores ondas con poucas sorpresas en categoría feminina. En cambio se houbo sorpresas en categoría masculina nas que cabe destacar as eliminacións de Pablo Montero e Sebastián Bamonde en semifinais.

A cita concluíu ao redor das 17.00 tras sucederse as finais nas que Manuel Fernández impúxose por diante do seu irmán Juan Fernández, Afasto Ferreiro e Iván Rodríguez. Mentres que a vitoria feminina era para Daniela Alonso seguida de Lola Bermúdez, Miriam Santiago e Isa Gundín.

Tras a entrega de premios entregáronse os ansiados wildcards para a competición WSL que comeza mañá na praia de Pantín.

Ademais da competición deportiva pola mañá levouse a cabo a presentación do evento presentada polo surfeiro galego profesional Gony Zubizarreta con autoridades e patrocinadores.

Pola tarde seguen as actividades de lecer e as propostas musicais do Pantín Sound Estrella Galicia.

Deixa un comentario