PRANCHAS, LISTOS, XA… ARRANCA O 37 ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO CON 250 SURFISTAS


Deporte, inclusión, igualdade e corresponsabilidade únense nun evento que converte a costa coruñesa no epicentro do surf profesional durante 9 días.

É a única proba do circuíto da WSL que se disputa en España e conta con Kauli Vaast, ouro olímpico, como un dos grandes favoritos.

Pantín (Valdoviño), 23 de agosto.- A 37ª edición do Abanca Pantin Classic Galicia Pro xa está en marcha na cidade do surf de Ariño, epicentro deste deporte a nivel profesional durante os próximos nove días.

Puro espectáculo para asomarse á fábrica de ondas de Pantín e gozar dun evento que une deporte, igualdade, corresponsabilidade e inclusión co lecer ao aire libre e a música en directo, na recta final de agosto.

Este mediodía tivo lugar a presentación oficial da competición da man das Administracións Públicas e patrocinadores privados que, un ano máis, fan posible este suma e segue que é o mellor escaparate das potencialidades da costa galega cunha aposta permanente pola sustentabilidade, a eficiencia ambiental e a preservación da contorna en todos os seus elementos.

Entre os patrocinadores, agradecer o compromiso de Jael Xoiería, a colección exclusiva deseñada por Vazva para esta 37ª edición, a Vithas, o noso hospital de a bordo, a presenza imprescindible de Gadisa e Estrella Galicia, e as achegas de Intermax, Caetano Fórmula (Dacia e Renault), Parque Ferrol e Ópticas Noroeste, e por suposto, Abanca, que dá nome ao evento.

SURF INCLUSIVO E OPEN GALEGO

A competición comeza os días 24 e 25 coa proba internacional de surf adaptado, por primeira vez dentro do calendario da Para Surf League, o equivalente da WSL (World Surf League) nesta disciplina onde participan 40 deportistas (15 rapazas e 25 rapaces) en distintas categorías, entre os que destacan o americano Dana Cummings, como un dos pioneiros e grandes impulsores deste deporte, e a española Sara Almagro.

En paralelo, dispútase o Open Galego, en colaboración coa Federación Galega de Surf, para brindar a oportunidade aos deportistas galegos de demostrar a súa destreza estes días e conseguir un pase directo -Wildcard- á competición principal (categoría masculina e feminina).

WSL: A COMPETICIÓN

A competición principal arrinca o luns 26 coas primeiras mangas da Liga Mundial de Surf Profesional (WSL), a única proba en España do seu calendario europeo, cara á gran final da fin de semana cun xurado de xxx.

Entre os case 200 deportistas inscritos -119 en categoría masculina e 59 na feminina- destaca Kauli Vaast, que vén de coroarse como o campión olímpico en París 2024 surfando as ondas da súa Tahití natal.

Entre as rapazas, Janire González-Etxabarri, gañadora da 36ª edición e que vén de representar a España no equipo olímpico, Teresa Hopkins, a francesa Pauline Ado, Teresa Bonvalot (POR) ou a irmá de Kauli, Aelaan Vaast, e a española.

Outros nomes moi ben situados no ranking europeo son os de Maxime Huscenot -vencedor 2023-, Thiago Carrique, Joan Duru, Marcos Mignot, Gatien Delahaye ou Charly Quivront. Entre os españois, ademais de Criere (Hendaya, 1996), destacan Kai Odriozola, Yago Domínguez e Adur Amatriain, ademais de dous surfistas moi queridos pola afección local como o vigués Gony Zubizarreta e Vicente Romero.

ESPAZO CORRESPONSABLES E PANTIN SOUND Lembrar que, en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta, o Abanca Pantin Classic Galicia Pro será un espazo Corresponsable, para facilitar a conciliación e o lecer activo entre os máis pequenos con obradoiros de skate, surf, reciclaxe, creatividade e xogos cooperativos. O evento contará durante os 9 días (do 24 ao 1 de setembro) cun espazo completamente gratuíto baixo carpa de luns a domingo de 10 a 14 e de 16 a 20 como un recurso para favorecer a conciliación e a corresponsabilidade entre os traballadores, deportistas e o numeroso público que adoita asistir ao evento. Tamén haberá música en directo dentro do cartel do Pantin Sound con nove actuacións previstas como banda sonora da competición con bandas como Smile, o DJ (e surfista Mario Azurza), Virginia Red, Señora DJ ou Los Pucheros Atómicos. Podedes consultar aquí o cartel por datas. Ademais, tenda oficial, foodtrucks na zona de lecer e restauración con propostas internacionais e outras moitas sorpresas do sábado 24 ao domingo 1 de setembro.

Deixa un comentario