PRESENTACIÓN POSTER OFICIAL ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021

  • O histórico evento celebra a súa 34 edición.

  • Pantín reafírmase como un destino europeo preferido para o deporte.

Presentamos o cartel oficial do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021, que terá lugar do 26 de xuño ao 4 de xullo na praia de Pantín, Valdoviño e está incluído No Circuito Mundial da World Surf League (WSL).

Un ano máis, entidades privadas e institucións públicas fan posible o desenvolvemento deste mítico evento que reafirma Pantín e Galicia como un destino europeo preferido para o surf e o deporte.

ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021 é sen dúbida un dos eventos máis esperados do ano, e este, que celebrará a súa 34 edición, as expectativas son máis altas que nunca despois do gran éxito da edición anterior na que o evento, cumprindo con protocolos de seguridade sanitaria, converteuse nun dos primeiros eventos deportivos celebrados co público,e aínda asi mantivo o alto nivel de deporte e espectáculo que o caracteriza.

Deixa un comentario