Quenda para  DJ Amable, este venres, no Pantín  Soundwave Son

O Pantín  Soundwave Son segue coa súa programación de actuacións e este venres, entre as 20:00 e as 23:00 horas, no escenario Estrela Galicia, será  DJ Amable, o que poña o ritmo no ABANCA Galicia Classic Surf Pro.

Os asistentes poderán gozar da mellor música, tendo a oportunidade de tomar algo en calquera dos ‘ Foodtrucks’ que se atopan na contorna do escenario, así como das diferentes casetas de Estrela de Galicia.

Dentro da firme aposta pola sustentabilidade e a protección do  medioambiente,  poderás tomar as túas consumicións nos vasos biodegradables distribuídos por Estrela  Galicia e desenvolto en exclusiva para o evento.

DJ Amable, comezou a súa carreira como  dj profesional en Depósito Legal ( L’Hospitalet de Llobregat), alá polo ano 1985 e non deixou de actuar en diferentes salas e festivais desde entón. Na  actuaclidad é o  dj residente no  Razz Club, de Barcelona. 

Editou as súas sesións en varios  cd’ s recompilatorios onde selecciona e mestura moitos dos grandes temas da escena alternativa de cada ano. Tamén colaborou en  remixes para  Love  of  Lesbian,  Catpeople,  Mendetz ou  Sidonie.

Deixa un comentario