RAZO, CAPITAL DO SURF EUROPEO COA WSL

Do mércores ao sábado 27, dispútase na praia de Razo (Carballo), 150 dos mellores surfistas sub 20 de Europa pugnan polo el título europeo

Razo, Carballo, 24 de setembro.- Este mediodía presentouse o Edommo Junior Pro Razo, presented by Espazo Nature, un campionato internacional da WSL (World Surf League) que se disputa desde este mércores 24 até o sábado 27 nas ondas da praia de Razo, en Carballo, capital do surf europeo nos vindeiros días.

Desta proba da WSL (World Surf League), un JQS 1000 en a mbas categorías (rapaces e rapazas) sairá, ademais, o vindeiro campión e campioa de Europa júnior sub 20 de entre os máis de 150 surfistas inscritos na proba que están a disputar hoxe as primeiras mangas desde ás 9:30 horas.

A presentación institucional tiña lugar este mediodía nas instalacións de Espazo Nature, un complexo hosteleiro ecosostible, coa presenza do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; Carmen Pita e Roberto García, de Turismo de Galicia e Deporte Galego da Xunta, xunto con Yago Barreto, representante de Classis Surf Pro, a entidade organizadora.

“Quedannos uns días moi fermosos por diante con moi boas ondas para un evento no que aunamos moitos esforzos públicos e privados para pular por sacar adiante esta proba, poñendo a Razo, e a costa da Coruña no escaparate mundial como Destino WSL e como un dos mellores lugares do mundo para a práctica do surf”, sinalou Barreto.

Pola súa banda, Regueira puxo o foco o Onda Bocata, que se vai a desplegar durante a fin de semana como complemento e atractivo gastronómico ao evento, coa oportunidade de probar bocados deliciosos que “son pratos entre pan”. O rexidor, como concello anfitrión, animou a grandes e pequenos a achegarse pola pequena vila do surf instalada ao pé da praia de Razo como “unha oportunidade magnífica de desfrutar dun espazo natural extraordinario cun gran espectáculo do mozos e mozas subidos as táboas”.

Ademais dos representantes institucionais, tamén contamos coa presenza dos patrocinadores privados: Francisco López Usina, CEO de Edommo Ingeniería, a empresa que da nome ao evento nesta III edición do Junior Pro Razo; ademais de Laura Vázquez, cofundadora e responsable de Marketing de Espazo Nature, aloxamento oficial, xunto con Lucía Santos, coordinadora de responsabilidade social corporativa de Gadisa, Julio Mouriño, Intermax Tecnoloxías, Emma Portal, de Ópticas Noroeste, e Robin Mueller, da empresa suiza Ventores, que aterran por primeira vez en Galicia para este evento.

No plano deportivo, entre os surfistas galegos segue adiante Sebas Baamonte mentres que Alejo Ferreiro caeu eliminado, a espera do que farán nas vindeiras horas os vigueses Teo García, Daniela Alonso e Cristina De Llano. Nos homes, completouse hoxe a rolda 96 mentres que entre as rapazas, avanzouse na rolda 48.

CAFÉS LÚA, ESPAZOS CORRESPONSABLES, SKATE E SURF
Nesta edición tamén contaremos coa presenza de Cafés Lúa, empresa local con máis de 36 anos de traxectoria dedicados ao café de calidade, artesanal e sostible. Despregará o seu coffee truck cun carta especial de cafés inspirados no surf como Pantín (coco caramelizado que simula a area) e Razo (sirope de pistacho con anaquiños que representan as dunas).

Entre as novidades desta edición, un minimarket local para promocionar empresas emerxentes da zona con Cousas de Razo e Kaviar. Por último, lembrade que como en cada edición, teremos o noso Espazo Corresponsables, un recurso gratuito para conciliar durante os catro días do evento (do 24 ao 27) de 10 a 14 e de 16 a 20 horas para nenos e nenas de 4 a 16 anos, ademais de roteiros e visitas a escolares da zona e activacións ambientais na contorna da praia. Este xoves contaremos coa visita de 30 escolares da contorna mentres que o venres, o grupo de escolares sube a 60.

O Edommo Junior Pro Razo, presented by Espazo Nature é posible grazas ao impulso conxunto das Administracións Públicas: Xunta, Deputación dá Coruña e Concello de Carballo, á beira do noso patrocinadores privados Edommo, -Enxeñería e Autosuficiencia Doméstica, con solucións de asesoría enerxética e aerotermia, Espazo Nature, Xoiería Jael, Gadis, Ventores, Caetano Fórmula Renault, Intermax e Surflogic) para empuxar un evento internacional que coloca a Carballo/Razo como capital do surf junior e escaparate mundial da Costa dás Ondas e como primeira Reserva Mundial do Surf de España.

Seguenos nas redes @classicsurfpro @classicsurfpro.events así como Espazo Nature e @espazo_nature

Deixa un comentario