Sage Erickson está chamada a ser protagonista no QS/10.000 feminino do ABANCA Galicia Classic Surf Pro

  • A rider norteamericana, gañadora no pasado US Open celebrado entre finais de xullo e principios de agosto, afronta a proba galega no seu mellor momento da tempada 
  • Entre as inscritas atópase a líder dentro do QS, Isabella Nichols, e surfeiros que se están xogando a continuidade no ‘ Championship Tour’ como Tatiana Weston- Webb, Johanne Defay, Bronte Macaulay ou Nikki Van Dijk, entre outras 
  • A proba do circuíto da World Surf League ( WSL), que é un dos dous únicos dobres QS/10.000 (categorías masculina e feminina) do calendario, disputarase entre os días 28 de agosto e 7 de setembro, na praia de Pantín (Valdoviño, Ferrolterra, A Coruña) 

A norteamericana Sage Erickson perfílase como unha das riders a seguir con especial atención dentro do QS/10.000 feminino do ABANCA Galicia Classic Surf Pro, que organiza o Club Praia de Pantín, e que se disputará entre os días 28 de agosto e 7 de setembro, na praia de Pantín (Valdoviño, Ferrolterra, A Coruña). 

A proba galega pertence ao circuíto da World Surf League ( WSL) e é un dos dous únicos dobres QS/10.000 (categorías masculina e feminina) do calendario. Tamén inclúe a celebración dunha proba do World Longboard Championship Tour ( WLC), o WLC/6.000 no que se darán cita os mellores surfeiros da modalidade. 


Erickson chega en pleno estado de forma, tras a vitoria conseguida no pasado US Open celebrado entre finais do pasado mes de xullo e principios de agosto, pertencente ao calendario do QS. 

A estadounidense, que ocupa o segundo posto na devandita categoría, está chamada a ser unha das rivais para bater en Pantín, unha onda que coñece á perfección debido a que xa logrou o triunfo nas edicións de 2012 e 2016.

Nichols / WSL - Dunbar
Nichols / WSL – Dunbar

 Non cabe dúbida de que non o vai a ter nada fácil, posto que a lista de inscritas para a cita galega é espectacular. A actual líder do QS, a australiana Isabella Nichols, que veu demostrando unha gran regularidade durante a tempada, no que a resultados refírese. Tanto Nichols como Erickson teñen moitas opcións de formar parte do circuíto CT o próximo ano. 

Tamén competirán participantes do CT que se están xogando a súa permanencia na máxima categoría mundial como a brasileira Tatiana Weston- Webb (8ª no CT); a francesa Johanne Defay (10ª no CT); as australianas Bronte Macaulay (11ª no CT) e Nikki Van Dijk (12ª no CT) e a brasileira Silvana Lima (13ª no CT). 

Aínda que nun principio prevíase a participación da gañadora o pasado ano, a hawaiana Coco Ho, finalmente non está entre as inscritas para Pantín.

En canto á representación española refírese, hai que subliñar a participación da vasca Nadia Erostarbe, que na actualidade ocupa a posición 32 na clasificación do QS. 

ABANCA Galicia Classic Surf Pro conta coa colaboración institucional de Xunta de Galicia; Turismo de Galicia; Xacobeo 2021; Deputación de A Coruña; Deporte Galego; Concello de Ferrol; Concello de Valdoviño; Sociedad Mixta de Turismo de Ferrol; Galicia Calidade; Secretaria Xeral de Igualdade; Consellería de Medioambiente; Costa das Ondas y Federación Galega de Surf; así como as firmas ABANCA, ESTRELLA GALICIA, CABREIROA, HOSPITAL QUIRON, INTERMAX, VOLKSWAGEN YAÑEZ, TAGHEUER, JOYERIA JAEL, SIROKO,GADIS, GAM, ITG Y VAZVA.

Deixa un comentario