23 Xullo, 2021

SAM PITER E FRANCISCA VESELKO LÍDER O PRIMEIRO DÍA DE GADIS JUNIOR PRO FERROL 2021

  • O surfista francés Sam Piter obtén a mellor onda e a puntuación total máis alta do evento ata o momento.
  • Francisca Veselko, surfista portuguesa, consegue a mellor onda da súa categoría.

O primeiro día de competición da proba da Junior Qualifying Series da World Surf League (WSL), o GADIS JUNIOR PRO FERROL 2021 remata con grandes actuacións dos competidores.
 
O surfista francés Sam Piter foi un dos claros protagonistas do día de hoxe, obtendo a mellor onda do evento ata o momento, cun incrible 9,07 sobre 10 puntos, ademais de obter tamén a maior puntuación acumulada, con 17,74 puntos totais .
 
O vasco Adur Amatriain seguiu de preto, logrando unha das mellores ondas do día, con 8,17 puntos totais sobre 10, e a segunda mellor puntuación total, con 15,50 puntos. Pola súa banda, declarou que lle encanta volver competir en Galicia e que está motivado para seguir avanzando na competición.
 
Tamén deixaron grandes actuacións os surfistas franceses Pierre Lamothe e Kyllian Guerin, que obtiveron 14,43 e 14,17 puntos en total respectivamente.
 
Na categoría feminina destacou a surfista portuguesa Francisca Veselko, que logrou a mellor onda do día na súa categoría cun gran 8,50 sobre 10 puntos, xunto coa maior puntuación acumulada, con 16 puntos totais.
 
Tamén destacaron as surfistas canarias Laura de los Reyes, con 10,17 puntos en total, e Lucía Machado, con 9,74 puntos acumulados, que engadiu que está moi motivada para competir e buscar a vitoria, despois de ter acadado moi bos resultados nos seus últimos eventos.
 
Seguíndoos de preto Gabriela Dinis, surfista portuguesa, cun total de 9,83 puntos e a francesa Nahia Milhau, cunha puntuación acumulada de 9,67 puntos.
 
A competición continúa mañá a partir das 7:00h na praia de Doniños, en Ferrol.

ALBA MEDIAVILLA / WSL - MASUREL.