Sarah Almagro, Dani Souto e Hugo Rocha soben ao podio nas súas probas de surf adaptado

Os irmáns Manu e Juan Fernández, Daniela Alonso e Lola Meléndrez conseguen o pase directo á competición principal

Pantín, Valdoviño, 25 de agosto – Sarah Almagro, Dani Souto, Antonio Muller, Hugo Rocha, Maxime Clarkin e Ben Neumann lograron facerse co primeiro posto nas súas categorías na proba internacional de surf adaptado da PSL (Para Surfing League) do Abanca Pantín Classic Galicia Pro, que este ano estivo por primeira vez dentro da liga mundial.

Os premios, preto de 20.000 euros en metálico, cunhas das contías máis elevadas do circuíto, foron entregados tras as finais disputadas nas augas da praia de Valdoviño este mediodía coa presenza da deputada provincial Rosana García e de Germán Gómez, edil da corporación local.

RESULTADOS SURF ADAPTADO:

  • Stand 1 (PS-S1): 1º Maxine Clarkin (FRA), 2º Hugo Madruga (POR), e 3º Paulo Souza (POR).
    Calquera deportista que surfea de pé cunha amputación da extremidade superior ou cunha discapacidade comparable.
  • Stand 2 (PS-S2): Hugo Rocha (POR) e Dana Cumming na categoría masculina, e 1ª Laurie Phipps (FRA) e Zoe Smith (UK) na categoría feminina.
    Calquera deportista que surfea de pé cunha amputación por debaixo do xeonllo ou cunha discapacidade comparable.
  • Prone 1 (PS-P1): 1º Antonio Muller (GER), 2º Pedro Palma (POR).
    Calquera deportista que surfea deitado na táboa e NON require axuda para remar, coller a onda e subir á táboa.
  • Prone 2 (PS-P2): 1ª Sarah Almagro, 2ª Celine Roullard (FRA), 3º Con Oehen (SUI), e 1º Antonio Faria, 2º Pedro Palma.
    Calquera deportista que surfea deitado na táboa e SI require axuda para remar, coller a onda e subir á táboa.
  • Kneel (PS-K): 1ª Emma Blanchett (FRA), 2ª Rheya Same (UK), 3ª Laurie Heskes (NED).
    Calquera surfista que surfea de xeonllos cunha amputación por riba do xeonllo, unha dobre amputación por debaixo do xeonllo ou cunha discapacidade comparable.
  • Visual Impairment 1 (PS-VI1): 1º Ben Neumann (GER), 2º Thomas Spetebroot (FRA).
    Calquera surfista cunha afectación COMPLETA da visión.
  • Visual Impairment 2 (PS-VI2): 1º Dani Souto, 2º Gonzalo Rodríguez, e 1ª Melissa Reid (UK), 2ª Lou Meniche (FRA).
    Calquera surfista cunha afectación PARCIAL da visión.

CATRO WILDCARDS PARA O WSL QS 3000

Na tarde deste domingo tamén se disputaron en Pantín as finais do Open Galego da FGS (Federación Galega de Surf) onde os novos talentos loitan por amosar a súa destreza nas ondas para conseguir un wildcard, ou pase directo á competición principal para medirse cos mellores surfistas do mundo.

Os catro finalistas en categoría masculina foron os irmáns Fernández, Manuel (1º) e Juan (2º), xunto con Sebastián Baamonde (3º) e Alejo Ferreiro (4º). Os dous primeiros lograron o pase directo á competición.

Na categoría feminina, as finalistas foron Daniela Alonso de Vigo (1ª), Lola Meléndrez (2ª), Miriam Santiago (3ª), e Cris Dellano, que quedou en cuarto lugar. As dúas primeiras avanzan á competición principal.

LUNS 26: CIRCUÍTO CELTA SUB-18

Na xornada do luns 26 disputarase o circuíto celta luso-galaico sub-18, e a entrega de premios está prevista para as 19:30 horas. Mentres que o martes 27 (ata o domingo 1), dará comezo a competición principal do WSL QS 3.000 con preto de 200 surfistas inscritos, unha das participacións máis elevadas dos últimos anos.

Deixa un comentario