SOL, OLAS E ESPECTÁCULO NUN SÁBADO PARA O RECORDO NO GADIS SURF FESTIVAL FERROL

 

As condicións perfectas das primeiras horas da mañá, con ventos lixeiros do leste, deixaron paso ao empuxe do oeste e un mar revolto que puxo á proba a capacidade de adaptación da nova xeración do surf europeo

Os wildcards do evento, a ferrolá Ana Piñón e o vigués Teo Cajide, non puideron avanzar á seguinte fase da competición despois de perder nas súas respectivas mangas contra algúns dos mellores surfistas da proba Na xornada de mañá disputaranse na praia de Esmelle as semifinais das dúas categorías (masculina e feminina) e proclamaranse, preto do mediodía, os dous campións na cita júnior do evento

FERROL, 27 DE XUÑO DE 2026 Día soleado, con olas de preto dun metro de altura e ventos lixeiros de compoñente leste. Así amenceu a praia de Esmelle. Condicións inmellorables no Gadis Surf Festival Ferrol para os competidores da proba júnior da World Surf League (JQS). E os deportistas responderon a este extraordinario campo de xogo despregando todo o seu repertorio de manobras desde primeiras horas da mañá. O campionato arrincou coas catro últimas mangas da rolda de 64 da categoría masculina. Na número 16, o británico Lukas Skinner, líder do circuíto e un dos grandes favoritos para alzarse con la vitoria final, demostrou o motivo de que agora mesmo ostente a condición de número un. Levou a súa puntuación total ata os 14.74 puntos (8.17 e 6.57 nas súas dúas mellores olas), superando con claridade ao italiano Thomas De Leonardo, que tamén accedeu á seguinte rolda. Pola súa banda, o vigués Teo Cajide, un dos wildcards do evento, quedou eliminado na manga 15, despois de caer ante Alejandro Sancho e Xan Atchoarena. Pouco despois das dez da mañá as surfistas da categoría feminina entraban á auga, para completar a rolda de 32. Na primeira manga, Ana Piñón, outra das invitacións do evento, tampouco lograba avanzar na competición. Carla Morera de la Vall, con 14.13 puntos, e a francesa Lily Hirigoyen, con 13.17 puntos, fixeron inalcanzable o pase aos cuartos de final para la surfista ferrolá. “Tiven unha mala selección de olas e no conseguín atopar ningunha que me permitise facerlle un par de xiros bos”, explicaba na entrevista tras completar a súa participación no Gadis Surf Festival Ferrol.

Cara ao mediodía as condicións empezaron a complicarse polo empuxe do vento do oeste que testou a capacidade de adaptación da nova xeración do surf europeo. E baixo estes novos parámetros, a francesa Naïa Monte, cun 12.96; e a holandesa Tiara Van Der Huls, cun 12.07, lograban atopar as mellores puntuacións grazas a unha coidada selección de ola e a contundentes manobras que terminaron por impresionar ao panel de xuíces. A francesa Lily Hirigoyen tamén continuaba coas boas sensacións que amosara pola mañá e aseguraba o seu pase ás semifinais cun 9.50 no total das suas dúas mellores olas. Pola súa banda, Carla Morero non puido seguir coa súa exhibición da mañá e non estará no último día de competición al cometer unha interferencia na súa manga. A representación española na parte decisiva del campionato correrá a cargo de Ibone Gómez que quedou segunda na primeira manga de cuartos de final cunha puntuación total de 9.07.

Máxima igualdade na categoría masculina Skinner amosou de novo a súa solidez nestas novas condicións e foise a máis de 13 puntos para chegar aos cuartos de final. Con todo, o británico cometeu un erro na manga de cuartos de final e unha interferencia déixouno fóra da carreira polo título. O que demostrou que as forzas están moi igualadas e calquera participante pode quedarse no camiño. Outro exemplo, o do actual campión na praia de Esmelle, Alfonso Suárez. O asturiano finalizou a súa participación na proba na primeira manga de cuartos de final ao non atopar un par de olas que lle ofrecesen boas paredes para o seu potente backside.

Entrega de premios e competición de skate, na última xornada

Na xornada de mañá está previsto que se disputen as semifinais nas dúas categorías (masculina e feminina) e as finais, que, se as condicións meteorolóxicas o permiten, terán lugar en torno ás 13.00 horas. Despois, ás 15 horas, chegará a cerimonia de entrega de premios. E despois, ás 16 horas, haberá unha competición de skate impulsada por Volcom na zona principal do evento, no Camping As Cabazas de Covas.

O Gadis Surf Festival Ferrol conta co patrocinio da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Ferrol, Plan Corresponsables, Deporte Galego, Pesca de Rías, Gadis, Estrella Galicia, Cabreiroá, Jael Joyería, Wasted, Edommo, Ventores, Vazva, Volkswagen – Arrojo, Intermax, Volcom, Calaverita Hotels, Schweppes/Pepsi, La Rampa Garaje, Surflogic, Mojo Wax e Camping As Cabazas.

Deixa un comentario