Sorpresa en Pantín ao caer eliminado Bourez no segundo día de competición

O de Tahití era un dos veteranos xunto a Braye e Dá Silva

Pantin, Valdoviño, 30 agosto.- As boas ondas e o sol foron os protagonistas do segundo día de competición do WQS 3000 ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PROL. Condicións extraordinarias na auga que axudaron a lucir surfing de calidade e a dar espectáculo.

A selección de ondas
Cando as ondas son escasas ou de mala calidade adoita ser un factor crave, pero neste caso a fábrica de ondas lanzou tantas e tan divertidas de surfear que os pequenos detalles como o potencial en certas seccións marcou moitas moitos finais de manga, explican desde a bancada de xuíces da competición.

Categoría masculina
En categoría masculina, sorpresa, coa eliminación de Michel Bourez en rolda 96, que se despedía así de Galicia ante o inglés Arran Strong e o francés Paco Alonzo.

Tamén sorprendentes as eliminacións de Keoni Lasa, Mihimana Braye e a de Kalani Dá Silva por unha décima no último segundo de manga.

A destacar actuacións de surfeiros clasificados para rolda 64 como o suízo Cristian Portelli ou o español Gonzalo Gutiérrez e de novo o asturiano Pelayo Suárez.

Categoría feminina
Chegaba a rolda 48 de categoría feminina coas mellores condicións do día en marea alta.

Ondas longas de dereitas reformándose preto de a beira e deixando os peches cerca do público. Nesta rolda destacaría Nadia Erostarbe, do Basque Team, unha das surfeiras máis en forma do circuíto. Tamén se viu un bo surf de Garazi Sánchéz e de Juliette Lacome, todas elas clasificadas primeiras nas súas roldas para a seguinte.

Peor sorte tiveron Lucía Martiño e Leticia Canles que caeron nesta rolda a pesar de facer un moi bo surf. Todas elas demostraron a súa fluidez e determinación nas ondas, prometendo enfrontamentos aínda máis emocionantes nos próximos días de competición.

Broche final á xornada o concerto de Pajaro Sunrise coa súa proposta musical pop, folk e música electrónica e para pechar sons funk, house, disco e afro da man do dj Isaac Peces.

Deixa un comentario