Sorpresas e grandes ondas na fase final do WQS 3000

Teresa Bonvalot, gañadora en 2022, cae na rolda 16
Kauli Vaast logra a única onda puntuada cun 10

2 setembro, Valdoviño (A Coruña).- A rolda 16 comezaba esta mañá na factoría de Pantin con ondas moi potentes e longos paróns que obrigaban ás competidoras a surfear o que entraba sen opcións para elixir as mellores.

A vixente campioa Teresa Bonvalot, actual número 16 do mundo, caía contra todo prognóstico nunha manga liderada por Hina-Marina Conradi e en segunda posición Camila Kemp.

Sorpresa tamén coa eliminación de Nadia Erostarbe ante unha imparable Anat Lelior.

Avanzaban con solidez Maud Le Car, Yolanda Hopkins, Francisca Veselko e Tessa Thyssen entre ondas de dous metros, marea baixa e longas ondas de dereita.

Os cuartos de final aínda depararían novas sorpresas coas eliminacións de Yolanda Hopkins e a clasificación para semifinais de Hina María Conradi,, Camila Kemp, Tessa Thysen e a española Janire González-Etxebarri, única representante española no cadro feminino.

CATEGORÍA MASCULINA
Gran espectáculo en rolda 16 con ondas moi sólidas. Destacou o bo surf polo español Vicente Romero, que non evitou que caese eliminado. Sam Piter completou unha enorme onda pero foi insuficiente para pasar de ondaavanzar de rolda. Outros surfeiros que se contaban entre os máis en forma ou favoritos como Jorgan Couzinet e Marco Mignot, tamén caerían nesta rolda.

Adiante pasaron os españois Yago Domínguez e Bittor Garitaonandia, os franceses Charly Quivront e Maxime Huscenot xunto aos portugueses Joaquim Chavesy Guilherme Ribeiro.

Mención á parte merece a posta en escena de Kauli Vaast que tocou o ceo de Pantín cunha bomba de máis de dous metros a contramán á que atacou cun vertical xiro para pechar contra un beizo de difícil execución para obter a maior puntuación da competición: un dez.

Xa en cuartos Yago Domínguez estivo moi conectado e un bo aéreo contra Guilherme Ribeiro clasifícao para mañá. O de Biscaia xa é o único español en competición masculina.

Un Maxime Huscenot con moito oficio gañaba ante Bitor Garitaonandia. Charly Quivront supera ao seu compatriota Joan Duru e Joaquim Chaves coa última onda sobre a bucina facíase coa praza que quedaba ante o talentoso polinesio Kauli Vaast.

Mañá retómase a competición coas semifinais e finais con previsión de moi boas condicións.

Antes, e como parte do espectáculo que está a ofrecer esta semana o surf desde Pantin para o mundo, terá lugar o ABANCA EXPRESSION SESSION con premios en metálico e unha vintena de surfeiras en liza.

PANTIN SOUND ESTRELLA GALICIA AO GRANDE
Música en directo e a presentación de POTXOKA de Aritz Aranburu

En sesión vermut tivo lugar a presentación do libro Potxoka do surfeiro profesional, e gañador en 2011 do ABANCA PANTIN CLASSIC GALICIA PROL, Aritz Aranburu e do fotógrafo Javi Muñoz “Pacotwo”.

O evento tivo como presentador ao amigo e surfeiro galego Gony Zubizarreta.

A música en directo, por conta de Edu Calvario e Fuah, ata entrar en escena DJ Mario Azurza desde Zarautz e o ferrolán DJ Occy para pechar o sábado na recta final da competición.

Deixa un comentario