Os mellores surfistas europeos adaptados danse cita en Pantín.
Mañá martes 29 comezará o ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021
A xornada de hoxe remata o luns coa segunda edición de ABANCA Surf Adaptado, na que un ano máis estes atletas foron grandes exemplos de superación, esforzo, traballo en equipo e vontade.
Na categoría de Discapacitados de Visión impúxose Hugo Madruga obtendo o primeiro posto, seguido de Marta Paço, Álvaro Méndez e Mario Rivoiro.
En Kneel, o primeiro posto foi para Maxime Cabanne, con Lucas Borges e Tomás Freitas rematando segundo e terceiro.
E na categoría Prone 2, o gañador foi Ander Cienaga, seguido de Sarah Almagro, Nuno Vitorino e Ángel Curiel.
Durante a entrega de premios, os competidores, xunto con adestradores e caddies, agradeceron este evento, así como a importancia de dar unha visibilidade crecente a este tipo de surf.
Ademais, durante esta xornada tamén finalizou a competición Open de Galicia, coa disputa da final de surf masculino, na que os participantes competiron para obter os dous últimos comodíns para a proba da Qualifying Series da World Surf League (WSL), o ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021. Finalmente, foron Manuel Fernández e Juan Fernández os que obtiveron a vitoria no Open de Galicia e os tan esperados comodíns.
Mañá martes 29 comezará a acción co ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021, coa convocatoria ás 6:45h para a categoría masculina e ás 17:00h para a categoría feminina.