SURF ESIXENTE NUN MAR DE ONDAS SÓLIDAS NO SEGUNDO DÍA DE COMEPTICIÓN INTERNACIONAL 

A forza das ondas en series de moita potencia e gran periodo está a marcar as mangas clasificatorias destes días 

Pantin, Valdoviño, 27 de agosto.-   O océano Atlántico está a exhibir toda a forza e a potencia da factoría de ondas que é Pantin neste primeiros días de competición internacional do Abanca Pantin Classic Galicia Pro da WSL (do 26 ao 31 de agosto) nunha proba QS 4000 na que compiten preto de 200 dos mellores surfistas europeos. 

Un surf moi esixente, física e mentalmente, para as roldas masculinas que se estiveron a disputar na praia de Ariño desde a primeira hora desta mañá, entre sol e orballos e algunas rachas fortes de vento entre grandes ondas, con tamaños que non se lembraban nesta última década.  

Completáronse as tres roldas da manga 112 -que quedaran pendentes de onte- e a 96 principiaron pasadas ás 9.00 horas e remataron preto das 19:00 horas, na categoría masculina, a máis numerosa en surfistas inscritos (máis dun cento).

Avanzaron nas súas mangas ás seguintes fases: Jean Cocagne, Lenni Jensen, Leo Paul Etienne, Julien Fontvielle, Stef van Noordennen, Leonardo Apreda, Alfonso Suarez, Stanley Norman, Paul Cesar Distinguin, Edoardo Papa, Moises Dominguez Requena, Enzo Cavallini, Paul Boniface, Noe Ledee, Justin Becret, Peru Zuniga, Samuel Redon, Markel Vizcarguenaga. Martim Nunes, Tristan Guilbaud, Tim Elter -surfista olímpico alemán- e Michele Scoppa.

Unha das situacións máis curiosas deuse na manga de Mario Rasines, surfista cántabro que foi o único dos catro convocados que entrou na auga. “Fue la más rara de mi vida. Yo solo durante treinta minutos  en un mar gigante, conseguí entrar una vez atrás y coger una”, declaró al salir. Rasines cayó eliminado en la siguiente, junto a al surfista coruñés Manu Fernándes y a Connor Donegan. Siguen en liza en la competición su hermano Dylan Donegan Dos Santos, ambos afincados en Canarias. 

SALITRE E VIDAS EN MOITO(S) MARES EN TRES ESTREAS DE CINE

Este xoves 27 comenzará a manga 64 e, entre as actividades destacadas da xornada, a estrea de tres documentais ligados íntimamente ao surf: Latitud Sur,de Laura Coviella; Un dreamed Waves, de Lucía Martiño y Anti-vlog, de Luis Díaz, mezcla de comedia y deporte con trasfondo social desde el humor.

Será no escenario principal do Pantin Sound a partires das 18:30 horas coa presenza dos tres protagonistas: a surfista asturiana Lucía Martiño, e os canarios, Laura Coviella, especialista en grandes ondas,  e Luis Díaz, quen foi representante de España en varios mundiais de surf. 

ACCIÓN AMBIENTAL  E ‘ILLAS’ DA RECICLAXE

Dentro do estreito compromiso ambiental do Abanca Pantin Classic Galicia Pro coa nosa contorna desde este lugar privilexiado da costa galega desde donde presumimos de campionato para o mundo, está un abano máis amplo de implicación no coidado do medio ambiente, a sostenibilidade e a reciclaxe 

Queremos achegarvos algunhas das accións que se están a levar a cabo estes días no recinto do evento polo que pasan, a cotío, centos e centos de persoas entre riders, público e traballadores do evento como foi apostar polas ‘illas da reciclaxe’, máis dunha ducia distribuidas polos 6.000 metros cuadrados, e tamén afincadas nas lomas do areal para favorecer e facilitar a separación dos residuos (orgánicos, plásticos e cartón).

Doutra banda, desde os Espazos Corresponsables, co pulo das consellerías de Medio Ambiente e Política Social, traballamos cada día en pequenas accións de concienciación e responsabilidade social desde idades temperás na sensibilización ambiental, pequenos traballos con materiais de refugallo e batidas de limpeza nas praias.  Este venres 27 ás 17:00 está programa unha limpeza na praia de O Rodo pensada para os máis miúdos pero a que convidamos tamén a sumarse a todos cantos queiran deixar un areal máis limpo de plásticos, refugallos e cabichas.

Deixa un comentario