Doce horas de surf consecutivas nas augas de Razo espremendo as boas ondas dun venres solleiro e de película
As finais masculinas e femininas da proba internacional serán este sábado 27 a partires das 10:00 e a entrega de premios, a mediodía na pequena vila do surf da praia
Razo, Carballo, 26 de setembro.- Hoxe sí que sí. Surfing de alto voltaxe nunha xornada decisiva no Edommo Junior Pro Razo, by Espazo Nature neste venres de película na praia de Razo, co ceo limpo, sol de outono, público e sobre todo, boísimas ondas para un gran nivel de competición da WSL que xa avanzou até as roldas finais nun día maratoniano de mangas consecutivas desde as 8:00 am até as 20:00 horas.
Na categoría masculina, hoxe completaronse as roldas 64 e 32 até rematar nos cuartos de final. Entre os rapaces, accederon as semis Eder Fuentes, Mario Leopoldo, Axel Domínguez e e Conor Donegan, mentres que o seu irmán, Dylan -un dos grandes favoritos para o título europeo- caeu eliminado. Seguen adiante, na segunda semi masculina, Francisco Ordonhas, Joao Mendoca, Michele Scoppa e o asturiano Alfonso Suárez.
Entre as mozas, acceden as semifinais Carla Morera de la Vall, Sara Romeo, Maria Salgado, Lilou Rumiel, Clara Hirigoyen, Enara Palacios, Clemence Schorsch e María Dias.
As roldas finais serán este sábado desde primeira hora da mañá coas semifinais e finais, seguidas da entrega de premios, que terá lugar a mediodía na pequena vila do surf de Razo co trofeo do campionato da proba JQS 1000 Junior Pro Razo, coa presencia de autoridades e patrocinadores do Edommo Junior Pro Razo, by Espazo Nature.
CORRESPONSABLES: ESCOLARES DE ARTAI E MARKET LOCAL
E este venres, no final da semana escolar, visitaron o evento de Razo, preto de 60 escolares de 1 e 3 ESO do CPR Artai. Ademais de percorrer o recinto, achegarse aos espazos dos riders en competición internacional tiveron a oportunidade de participar dos obradoiros sostibles dos Espazos Corresponsables da DX de Igualdade da Xunta, un recurso de balde pola corresponsabilidad entre a rapazada en todos os eventos WSL en Galicia e de probar sorte na rampa de skate e de participar doutras actividades de balde no recinto. .
Lembravos que durante a xornada do sábado, estará aberto o minimarket con marcas locais como Kaviar, Cousas de Razo e outras propostas como Ventores, La Rampa Garage, Ópticas Noroeste o apostar polos cafés de especialidade Pantín (coco) e Razo (pistacho) no coffee truck de Cafés Lúa, coincidindo coa apertura de Onda Bocata Fest, deica o domingo con 16 propostas gastronómicas entre Pan de Carballo, de nove establecementos da contorna co pulo do Concello de Carballo.
