21 Xullo, 2021

TEASER OFICIAL GADIS JUNIOR PRO FERROL 2021

  • Máis de 110 surfistas daranse cita en Doniños.
  • Do 22 ao 25 ​​de xullo, Galicia volverá ser o epicentro do surf europeo.

A falta dun día para que comece a acción, as expectativas seguen aumentando antes do GADIS JUNIOR PRO FERROL 2021 co lanzamento do seu Teaser oficial.
 
A partir de mañá, 22 de xullo e ata o 25, Galicia volverá converterse no epicentro do mellor surf europeo, reunindo aos mellores surfistas júnior. Xa son máis de 110 os que confirmaron a súa asistencia para competir na praia de Doniños, en Ferrol.
 
Na categoría masculina, o vasco Adur Amatriain e o portugués Afonso Antunes sitúanse como os grandes rivais a vencer, xunto co español Kai Odriozola e o francés Killian Guerin.
 
Pola súa banda, na categoría feminina destacan a canaria Lucía Machado, a francesa Juliette Lacome e as irmás vascas Janire González Etxabarri e Annete González Etxabarri.
 
O xoves 22 terán lugar as probas galegas, que decidirán os catro comodíns que abrirán as portas aos gañadores e subcampións en categorías masculina e feminina para a proba da Junior Qualifying Series da World Surf League (WSL).
 
E o venres, 23 de xullo, comezará a primeira edición do GADIS JUNIOR PRO FERROL 2021.