-
Teresa Bonvalot e Vasco Ribeiro desde Portugal entran na historia de Pantín.
-
Grandes condicións para finalizar un campionato que pasará á historia.
https://www.youtube.com/watch?v=ZzLfLh_5a4U&feature=youtu.be
A última xornada do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020 tivo nomes propios e en acento portugués: Teresa Bonvalot e Vasco Riberiro.
A surfeira portuguesa Teresa Bonvalot plantou cara á francesa Pauline Ado e proclamouse campioa do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020 nunha final impresionante, digna do nivel mostrado durante todo o evento. Ambas as competidoras deron o mellor de si nunha final na que terminou dominando a portuguesa cunha gran onda de 7,50 puntos sobre 10.
Teresa Bonvalot deu o mellor de si e alzouse coa vitoria nun día en que as ondas non abandonaron a praia de Pantín. Comentaba que xa unha vez rozou o éxito na proba galega e que este era o seu momento de triunfar, aproveitando que, nas súas propias palabras “este é un dos mellores eventos nos que puiden participar nos últimos tempos, foi un pracer surfear en Pantín sentíndome segura”.
Despois da final feminina foi a quenda da masculina, que enfrontou aos surfeiros Aritz Aranburu e Vasco Ribeiro. Ambos os competidores completan un campionato impresionante, onde viñeron sobresaíndo desde o principio.
Finalmente, foi o portugués Vasco Riberio quen dominou nesta final encadeando ondas con boas puntuacións que o impulsaron cara á vitoria. O surfeiro portugués, contábanos como viña disposto a gañar a competición, xa que a actitude é determinante. Encomiaba ao mesmo tempo as grandes condicións de ondas que se deron durante esta semana e que lle permitiron demostrar o seu mellor surf.
Tras o campionato procedeuse coa correspondente entrega de premios. Acto ao que acudiron, Alberto González, alcalde de Valdoviño, Raúl Rodríguez, en representación de ABANCA, Jaime Perozo, patrocinios deportivos Estrella Galicia, Daniel Rey, en representación de Kia Corgal Automóbiles, Antonio Cortés, director RSC de Gadisa, Beatriz Villaverde, de Vithas, Fátima Doñoro, directora de márketing Etiqueta Heurer e Nava Castro.
Os gañadores, ademais, formarán parte do Bosque de Campións de Estrella Galicia, que tal e como nos describía o seu representante Jaime Perozo, é unha iniciativa que trata en coller unha árbore autóctona que simbolice a vitoria dos gañadores e plantalo nas inmediacións do evento, para, ano tras ano, formar un Bosque de Campións.
Máscaras, aforo limitado, xunto con todos os protocolos pertinentes e caracterizou a 33 edición do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020. A edición deste ano pasará sen dúbida á historia, pois aínda coas medidas sanitarias non perdeu a súa esencia e foi o Pantín Classic máis Classic.
A organización agradece a todos os deportistas, asistentes, veciños de Valdoviño e colaboradores pola súa actuación exemplar no que foi un dos primeiros eventos deportivos con público dentro da nova normalidade. Pantín pecha a xornada sendo un exemplo de compromiso e responsabilidade nesta nova era que nos tocou vivir.