7 Setembro, 2019

Un final épico do ABANCA Galicia Classic Surf Pro con Miguel  Pupo como protagonista

  • Con este triunfo, o  rider brasileiro colócase terceiro na clasificación do  QS masculino, ascendendo vinte postos
  • Pupo logrou vencer na final ao estadounidense Jake  Marshall, que foi unha das grandes sorpresas da competición

A ‘Fábrica de Ondas’, tal e como se lle coñece á praia de Pantín (Valdoviño, Ferrolterra, provincia da Coruña), non fallou. As boas condicións reinantes e a notable afluencia de público que se deu cita nas rondas finais do  QS/10,000 do ABANCA Galicia Classic Surf Pro, foron correspondidas cun gran espectáculo de surf. 

Tanto os finalistas, o brasileiro Miguel  Pupo e o estadounidense Jake  Marshall, como o resto de surfeiros que competiron durante a tarde este sábado (7 de setembro), demostraron por que están entre os mellores do mundo na especialidade. 

Con todos estes compoñentes, non cabía senón esperar quen se ía a coroar como campión do ABANCA Galicia Classic Surf Pro, e non foi outro senón Miguel  Pupo. O  rider brasileiro mostrouse seguro en cada unha das mangas que disputou, mostrando o surf espectacular que leva dentro. 

Na final logrou gañar a unha das sorpresas da proba, o estadounidense Jake  Marshall, quen  contrapronóstico meteuse na loita polo título.  Pupo dominou desde o inicio cunha onda de 8,50 puntos, que marcou o devir do resto da manga, que complementou cunha onda de 8,37 puntos, para poñer un tenteador de 16,87 a 14,43 puntos.

O terceiro lugar compartírono o brasileiro  Jadson  Andre e o australiano Morgan  Cibilic, que non pasaron de semifinais.

Con este resultado, Miguel  Pupo ascende 20 postos na clasificación xeral e colócase terceiro; mentres que  Marshall (que comezou a proba ocupando o posto 24) sobe 16 postos para poñerse oitavo. 

Así, os cinco primeiros clasificados dentro do  QS/10,000 masculino ( WSL) son:  Jadson  Andre (22.500 puntos); Alex Ribeiro (18.930 puntos, Brasil); Miguel  Pupo (17.900 puntos);  Jorgann  Couzinet (17.310 puntos, Francia), que perde o liderado e  Matt  Banting (16.750 puntos, Australia). 

En canto ao trofeo ‘ Cabreiroá Mellor Onda da competición’, foi parar a mans do brasileiro  Deivid Silva, cunha puntuación de 9,40 puntos; mentres que a ‘Mellor puntuación acumulada da proba’, foi para  Jadson  Andre (17,33 puntos).

Os cruces de semifinais

En semifinais,  Marshall meteuse na loita polo título, ao eliminar  contropronóstico ao brasileiro  Jadson  Andre. O estadounidense foi máis regular e logrou dúas ondas cun valor case idéntico: 7,57 e 7,43 puntos, para poñer un marcador de 15,00 – 13,47 ao seu favor. 

Namentres,  Pupo resolveu pola vía rápida, tal e como mostran as puntuacións dos seus tres primeiras ondas: 7,17 – 7,07 e 8,17 puntos.  Cibilic tentou reaccionar a este inicio irresistible do brasileiro e case o consegue, pero as súas dúas ondas (7,87 e 7,03 puntos), non foron suficientes para superar o 15,34 de  Pupo.

Ronda de cuartos de final

Os cuartos de final tiveron como claros protagonistas a  Jadson  Andre e Jake  Marshall. O primeiro abriu a competición facendo unha onda de 8,67 puntos, que lle valeu para acumular un resultado de 14,07 puntos e eliminar ao australiano  Matt  Banting (7º no  QS), que había  surfeado a gran nivel durante as rondas  anteriores. 

Pola súa banda,  Marshall non deu opcións ao australiano  Caleb  Tancred, cun acumulado de 16,77 puntos, no que se inclúe unha onda de 9,10 puntos. 

As dúas últimas mangas da ronda, o australiano Morgan  Cibilic e o brasileiro Miguel  Pupo, que pasaron con máis facilidade do previsto ante o surafricano  Matthew  McGillivray e o francés  Nomme  Mignot. 

A entrega de trofeos

Durante a entrega de trofeos, que se realizou no escenario Estrela Galicia, estivo presente o conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez; que entregou o primeiro premio; o concelleiro de Deportes do  Concello de Valdoviño, Sergio Saavedra; a deputada da Deputación da Coruña, Ana Lamas; o director territorial da Coruña, Gerardo Fuentes, e o representante de Estrela Galicia e  Cabreiroá, Jaime  Perozo.  

Pupo: “Pantín é un lugar moi especial para min”

O campión do  QS/10,000 do ABANCA Galicia Classic Surf Pro, Miguel  Pupo, recoñeceu estar “moi contento co triunfo conseguido”. “Pantín é un lugar moi especial para min, un pouco frío comparado con Brasil. Estou moi feliz de estar aquí, recibíronme moi ben e sentinme moi cómodo”, manifestou.

Ademais,  Pupo indicou que a vitoria ten un maior valor debido a que “non gañara unha proba desde o 2015. Traballei moi duro para conseguir este resultado”. 


Pola súa banda, Jake  Marshall sinalou que a proba galega fora “unha gran experiencia”. “Foi duro, pero síntome ben coa miña actuación”. O estadounidense explicou que “gran parte do  surfing” que mostrou en Pantín, débello “ao traballo realizado co meu adestrador, co que mellorei moito a técnica”. 

ABANCA Galicia Classic Surf Pro conta co apoio institucional de Xunta de Galicia (Turismo de Galicia, Xacobeo 2021, Deporte Galego, Galicia Calidade, Secretaria Xeral de Igualdade, Conselleria de Medioambiente), Deputación de A Coruña, Concello de Ferrol, Concello de Valdoviño, Sociedad Mixta de Turismo de Ferrol, Costa das Ondas y Federación Galega de Surf, así como as firmas ABANCA, ESTRELLA GALICIA, CABREIROA, HOSPITAL QUIRON, INTERMAX, VOLKSWAGEN YAÑEZ, TAGHEUER, JOYERIA JAEL, SIROKO, GADIS, GAM, ITG Y VAZVA.