UN NOVÍSIMO HANS ODRIOZOLA ALCANZA CUARTOS CUN SURF MOI PODEROSO ANTE OS GRANDES FAVORITOS

Tres francesas e tres portuguesas alcanzan as roldas finais xunto á alemá Noah Klapp e a israelí Anat Leloir/Entre o mozos predominio francés xunto a Odriozola e o luso Antunes

As semifinais e a gran final adiántanse ao sábado 31 para espremer as mellores condicións do mar con entrega de premios a as 18:00 horas

Pantín, Valdoviño 30 de agosto.- Ondas incribles e mangas de tolemia na cuarta xornada da competición do Abanca Pantin Classic Galicia Pro da WSL que colleu carrerilla este venres estirando a competición durante 11 horas horas ininterrompidas de 8 a 19:oo horas para avanzar cara ás roldas finais (semininales e final) que se adiantan ao sábado 31 para aproveitar as mellores condicións do mar.

Cuarta xornada de competición ao máximo nivel de espectacularidade non-stop na única proba da WSL en España, en augas galegas, que podedes seguir aquí en directo e onde se foron alternando as roldas de mozos e mozas nunha xornada case épica.

Chegan a cuartos de final os franceses Luan Nogues, Charly Quivront, Gatien Delahaye, Nicolas Paulet, ou Jorgann Couzinet, ou o luso Afonso Antunes, o único sobrevivente de Portugal nesta fase e os españois Hans Odriozola e Sexan Gunning, que disputarán as roldas a dúas.

Entre os surfeiros, destacar a actuación de seis novísimos representantes do surf español, ademais de Hans Odriozola, que deu toda unha exhibición, xunto a sorpresa de Sexan Gunning, Conor Donegan, Néstor García, Yago Domínguez e Keoni Lasa, que alcanzaron os dezaseisavos de final cun surf excelente entre 119 competidores na elite do surf europeo nunha proba en Pantín, puntuable para o circuíto mundial.

Polo camiño quedaron outros deportistas moi destacados como Andy Criere, do equipo olímpico español; Adur Amatriain, -campión en 2021 e 2022-, Lukas Skinner, Joaquim Chaves ou o vixente campión, Maxime Huscenot.

Entre as mozas, durísima competencia que deixa sen representación española a a fase final do evento. As 8 surfeiras que alcanzaron os cuartos de final son Teresa Bonvalot, Carolina Mendes e Francisca Veselko (POR), Noah Klapp (GER), Bahia Frediani, Tya Zebrowski -con tan só 13 anos- e Sarah Leiceaga (FRA), e a israelí Anat Leloir. Queda fóra a última representante da escuadra española -eliminada na rolda 16-, Sol Borelli, que fixo un moi bo campionato.

ENTREGA DE PREMIOS SÁBADO 18:00 E MÚSICA EN DIRECTO

As semifinais e a gran final da 37 edición do Abanca Pantin Classic Galicia Pro adiantan á xornada do sábado 31 para espremer as mellores condicións do mar, por decisión da WSL (World Surf League), mentres que a entrega de premios está prevista para as 18:00 horas no escenario principal, seguido do prato forte musical co concerto en directo de Mario Azurza, Fuah e DJ Caste.

O evento portas terá as súas portas abertas durante a xornada do domingo 1, coa tenda oficial da colección exclusiva de Vazva, as zonas de lecer e restauración, a pista de Skate e o Espazo Corresponsables, gratuíto para nenos de 4 os 16 anos en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, da man da Dirección Xeral de Igualdade da Xunta.

GALA PANTIN GENUINES

O Pazo Libunca de Narón acolleu a noite do xoves a Gala Pantin Genuines, de Xoiería Jael-Etiqueta Heuer, conducida por #Luis Zahera e que rendeu homenaxe a dous surfeiros históricos e destacados como a francesa Pauline Ado e o vasco Eneko Aceiro, polo seu compromiso e vinculación ao campionato.

Ado, surfeiro e bronce olímpico co equipo francés, participou en máis de 13 edicións de Pantín do 2003 ao 2024 e foi campioa en 2007. Pola súa banda, Eneko foi o gañador en dúas edicións do Pantin Classic desde os seus inicios, en 1988, e un dos maiores empuxes e embaixadores do surf español.

Ademais, a organización do evento quixo homenaxear aos surfeiros do equipo olímpico español en París 2024: Andy Criere, Janire González-Etxabarri -presentes na actual edición- e a kitesurfista Gisela Pulido, mentres que Ana Peleteiro non puido asistir, finalmente, por consello médico pero enviou a súa felicitación por vídeo.

Deixa un comentario