VOLVE O PANTIN SOUND AO GRANDE

Música en directo e a presentación de POTXOKA de Aritz Aranburu

Tras a cancelación de onte por malas condicións meteorolóxicas esta tarde retómanse as actuacións musicais do Pantin Sound.

En sesión vermut ás 13.00 teremos a presentación do libro Potxoka do surfeiro profesional, e gañador en 2011 do ABANCA PANTIN CLASSIC GALICIA PRO, e do fotógrafo Javi Muñoz “Pacotwo”.

Terá como presentador do evento ao mellor surfeiro galego de todos os tempos, ademais de amigo persoal e compañeiro de viaxes no circuíto WSL, Gony Zubizarreta.

Horarios

13.00h POTXOKA de Aritz Aranburu
18.30h EDU CALVARIO
19.30h FUAH
21.00h DJ MARIO AZURZA
23.00h DJ OCCY

Deixa un comentario