WILDCARDS PREMIADOS PARA O 35 ANIVERSARIO DA ABANCA PANTINE CLASSIC GALICIA PRO

  • Isa Gudín, Manuel Fernández, Lola Bermúdez e Samuel Martínez, gañadores dos Wildcards.
  • Mañá, domingo 10, comezará a terceira edición de ABANCA SURF ADAPTADO a partir das 8:00h. 

Os 4 Wildcards en xogo para o ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2022 xa teñen nome propio. Na categoría feminina foron Isa Gudín e Lola Bermúdez as que se fixeron co primeiro e segundo posto respectivamente, conseguindo así o ansiado pase directo á proba principal.
 
Na categoría masculina foron Manuel Fernández e Samuel Martínez os que se impuxeron, levándose a vitoria e os dous últimos pases en xogo.
 
Pero a acción non fixo máis que comezar. Mañá sábado comezará a terceira edición de ABANCA SURF ADAPTADO, que reunirá na Praia de Pantín a 30 surfistas con diversidade funcional de todo o mundo.
 
Estes deportistas, chegados dende Canadá, Arxentina, Gales, Estados Unidos, Francia, Alemaña ou Portugal, entre outros lugares, volverán ser un exemplo de superación, esforzo e constancia.
 
Entre os confirmados, destaca Aitor Francesena “Gallo”, referente do surf adaptado en España, Sara AlmagroNicolás Gallegos e Daña Cummings. Francesena comentou como esta proba supón para eles unha gran oportunidade de motivación e darlle maior visibilidade a esta modalidade. “Coñezo a Pantín dende hai moitos anos. Que Pantín pense en nós é algo incrible”, dixo.

Deixa un comentario