1991

A primeira edición con ondas inmensas. Quiksilver incorpórase como patrocinador principal do evento, iniciándose unha frutífera relación de patrocinio que termina no ano 1997.
Durante os catro días do campionato, celebrado entre os días 3 e 6 de outubro, celébranse en paralelo dúas probas: o campionato europeo, e o evento Open aberto a surfeiros de todo o mundo.
O importe en premios alcanza os 6.000€ e o británico Spencer Hargraves imponse nas dúas probas.
O surafricano Clyde Martín chega a Galicia por primeira vez. Celébrase por primeira vez o tag-team, ou campionato internacional por equipos, cun equipo galego formado por Luís Otero, Luís Novo, Gonzalo Casal >”Super” e Leo Lugilde.
O venres o guipuscoano Pablo Postigo perde a súa táboa ao romper o invento nunha onda de 4 metros, e é axudado polo británico Jonathan Owen a saír da auga. Tardan 20 minutos en logralo. Ante esta situación, Philip Brun, xefe de xuíces, suspende o campionato temporalmente ante a falta dun helicóptero que socorra aos surfeiros.

REVISTA (en castelán):