Resumen de contenidos
INFORMACIÓN XERAL PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020
Con cada ano que pasa o ABANCA Pantín Classic Galicia Pro consolida o número de participantes e espectadores, así como o prestixio da proba. Surfistas de alto nivel xa confirmaron a súa asistencia, tanto en categorías masculina como feminina.
A gran prioridade nesta edición será a de garantir a seguridade dos competidores, traballadores e asistentes ao evento, polo que dentro do recinto pechado que se habilitará durante os días de competición implantarase un protocolo de actuación específico. Do mesmo xeito, tanto dentro como fóra do recinto, no paseo e praia, será obrigatorio seguir as normas e especificacións que as Autoridades Sanitarias, a Xunta de Galicia, o Concello de Valdoviño e a propia Organización especificarán para o seguro desenvolvemento da proba.
INFORMACIÓN PARA COMPETIDORES PANTÍN CLASSIC 2020
PROGRAMA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020
SÁBADO 15 DE AGOSTO DE 2020
Open Rexional Galego – PANTÍN CLASSIC 2020
8:00h | Comezo competición |
11:00h | Apertura zona Village (stands, ocio, hostalería, food trucks, tenda oficial etc) |
12:00h | Apertura half pipe |
18:00h | Fin Competición |
19:00h | Dj Set Espazo Estrella Galicia |
21:30h | Fin de xornada |
DOMINGO 16 DE AGOSTO DE 2020
Open Rexional Galego – PANTÍN CLASSIC 2020
8:00h | Comezo competición |
11:00h | Apertura zona Village (stands, ocio, hostalería, food trucks, tenda oficial etc) |
12:00h | Apertura half pipe |
18:00h | Fin Competición |
19:00h | Cerimonia Entrega de premios Open Rexional Galego |
21:30h | Fin de xornada |
LUNS 17 DE AGOSTO DE 2020
ABANCA SURF ADAPTADO – PANTÍN CLASSIC 2020
11:00h | Comezo competición |
11:00h | Apertura zona Village (stands, ocio, hostalería, food trucks, tenda oficial etc) |
12:00h | Apertura half pipe |
16:00h | Fin Competición ABANCA Surf Adaptado |
17:30h | Cerimonia entrega de premios ABANCA Surf Adaptado |
19:00h | Dj Set Espazo Estrella Galicia |
21:30h | Fin de xornada |
MARTES 18 DE AGOSTO DE 2020
PANTÍN CLASSIC 2020
OFF for the day
11:00h | Apertura zona Village (stands, ocio, hostalería, food trucks, tenda oficial etc) |
12:00h | Apertura half pipe |
18:00h | Fin Competición |
19:00h | Dj Set Espazo Estrella Galicia |
21:30h | Fin de xornada |
MÉRCORES 19 DE AGOSTO DE 2020
PANTÍN CLASSIC 2020
08:00h | Comezo competición (mulleres 8 primeiras mangas) |
11:00h | Apertura zona Village (stands, ocio, hostalería, food trucks, tenda oficial etc) |
12:00h | Reanudación da competición mulleres e homes |
12:00h | Apertura half pipe |
12:00h | Presentación Oficial ABANCA PANTIN CLASSIC GALICIA PRO 2020 |
18:00h | Fin Competición |
19:00h | Dj Set Espazo Estrella Galicia |
21:30h | Fin de xornada |
XOVES 20 DE AGOSTO DE 2020
PANTÍN CLASSIC 2020
8:00h | Comezo competición |
11:00h | Apertura zona Village (stands, lecer, hostalaría, food trucks, tenda oficial etc) |
12:00h | Apertura half pipe |
16:00h | Call rapazas |
18:00h | Fin Competición |
18:30h | Ciclo cine
ENTREVISTA A: IÑIGO GASSET (CIRCLE OF THE SUN). Freddy, se eu podo, ti podes – 48 min. |
19:30h | Dj Set Espazo Estrella Galicia |
21:30h | Fin de xornada |
VENRES 21 DE AGOSTO DE 2020
PANTÍN CLASSIC 2020
8:30h | MEN´s Call |
9:00h | Posible comezo da competición |
11:00h | Apertura zona Village (stands, lecer, hostalaría, food trucks, tenda oficial etc) |
12:00h | Apertura half pipe |
18:00h | Fin Competición |
18:30h | Ciclo cine
PRESENTACIÓN PELÍCULA “MADE IN THE BASQUE COUNTRY”. Made in Basque Country / Natxo González. Who is Vilayta. 25 min. |
19:00h | Dj Set Espazo Estrella Galicia |
21:30h | Fin de xornada |
SÁBADO 22 DE AGOSTO DE 2020
PANTÍN CLASSIC 2020
8:30h | MEN´s Call |
10:00h | WOMEN´s Call |
11:00h | Apertura zona Village (stands, lecer, hostalaría, food trucks, tenda oficial etc) |
12:00h | Apertura half pipe |
18:00h | Cerimonia Entrega de Premios ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020 |
18:30h | Ciclo cine
ENTREVISTA A GARAZI SÁNCHEZ (VERGÜENZA). Holding on. 82 min. |
19:00h | Dj Set Espazo Estrella Galicia |
21:30h | Fin de xornada / Clausura ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020 |
¿COMO ANOTARSE NO PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020?
- Para o evento principal WSL deberás anotarte a través da web worldsurfleague. Podes entrar premendo sobre o botón “Participantes”.
- Se por ranking non tes acceso e es Galego, podes conseguir un WILCARD nos TRIALS anteriores á competición.
- SURF ADAPTADO. Para anotarte no campionato de Surf Adaptado, poderás inscribirte mediante avaibook sport (habilitarase unha ligazón proximamente).
Fai clic no formulario que che corresponda.
EN DIRECTO
Se non podes estar nesta edición ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020, vive con nós a través do noso canal EN DIRECTO!
CAMPIÓNS PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020
TERESA BONVALOT E VASCO RIBEIRO CAMPIÓNS DO ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020
Teresa Bonvalot e Vasco Ribeiro desde Portugal entran na historia de Pantín. Grandes condicións para finalizar un campionato que pasará á historia. https://www.youtube.com/watch?v=ZzLfLh_5a4U&feature=youtu.be A última xornada do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020 tivo nomes propios e en acento portugués: Teresa Bonvalot e Vasco Riberiro. A surfeira portuguesa Teresa Bonvalot plantou cara á francesa Pauline Ado e proclamouse campioa do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020 nunha final … Read more