QÚE É CLASSIC SURF PRO?
Classic Surf Pro é o organizador dos eventos World Surf League en España.
Actualmente estes concéntranse en Galicia, co coñecido Pantin Classic na praia de Pantin (Valdoviño), o Pro Razo na praia de Razo (Carballo) e o Longboard Festival na Fragata (Cámping As Cabazas – Ferrol).
Paralelamente ao apartado deportivo, únense a eles diversas actividades como concertos, áreas de skate, gastronomía, conciliación e sustentabilidade.
QUE EVENTOS ORGANIZA CLASSIC SURF PRO?

PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO
O Pantín Classic Galicia Pro é un dos eventos de surf máis emblemáticos, celebrado na praia de Pantín, Galicia. Desde o seu inicio nos anos 80, atraeu a surfeiros internacionais, converténdose nunha cita esencial do circuíto mundial WSL. Un espectáculo de ondas e talento!

PRO RAZO
Anteriormente o Junior Pro, ahora denominado PRO RAZO, é a última parada na xira europea do circuito absoluto do QS europeo. Organizado en Carballo, Galicia, reúne aos mellores surfistas do mundo na proba definitiva que coronará ao campión europeo da temporada. Un must para os aficionados ao surf!

SURF FESTIVAL FERROL
Xa na súa 4º Edición, este evento vai collendo moita máis forza e postulándose a un dos mellores eventos de Surf a nivel regional, no que como cada ano, o circuito Junior Sub-21 e o circuito de Longboard toman protagonismo. Este evento celebrarase na praia da Esmelle (Covas, Ferrol), e, ao mesmo tempo poderás gozar dun evento paralelo no Camping das Cabazas que sorprende a calquera que se pasa polo noso evento, con novas activacións, conciertos importantes e moitas cousas máis!




