PRESENTACIÓN 35 ANIVERSARIO ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 1988-2022 EN FITUR

FITUR 2022 acollerá un ano máis a presentación do evento de surf máis importante de España e Europa, o ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2022. Nesta nova edición, o evento celebrará o seu 35 aniversario, xa que se desenvolve dende 1988.

O acto terá lugar o 20 de xaneiro, ás 10:10h, a cargo do Club Praia de Pantín, coordinadores das probas da WSL en España.

Contaremos coa presenza de D. Alfonso Rueda, Vicepresidente Primeiro da Xunta de Galicia, D. Xosé Regueira, Vicepresidente e Deputado de Turismo da Dip. Provincial da Coruña, D. Alberto González, Alcalde de Valdoviño, D. Luis Beraza, Director Xeral de Empresas Españolas de ABANCA, Dna. Nava Castro, directora da Axencia de Turismo de Galicia e D. Gonzalo Trenor, delegado da Xunta de Galicia na Coruña, entre outros patrocinadores institucionais e privados.

Tanto os participantes como os visitantes de FITUR deberán rexistrarse previamente en liña. Para acceder ao recinto necesitarás o Certificado Dixital EU COVID ou o QR Spain Travel Health. Ademais, será obrigatorio o uso de máscara FFP2.

Deixa un comentario