DÍA INOLVIDABLE NO CABREIROÁ JUNIOR PRO FERROL 2022

https://www.youtube.com/watch?v=bz3PwI40Qd8

  • O cántabro Mario Rasines logrou a mellor onda do evento cun espectacular 9,67 sobre 10.
  • Mañá sábado comezará ás 8:00 horas a última xornada de competición.

Remata unha espectacular xornada de competición, coa que os participantes dan o mellor para conseguir o ansiado pase a cuartos de final do CABREIROÁ JUNIOR PRO FERROL 2022.
 
A partir das 18.00h, os surfeiros volveron á auga para disputar a última serie da terceira rolda. Por último, son ases francesas Aelan Vaast e Juliette Lacome as que completan os cuartos de final feminino.
 
Despois, foi a quenda da categoría masculina para disputar o pase a cuartos de final. Os primeiros en clasificarse foron os vascos Bitor Garitaonandia e Yago Domínguez. Despois dunha serie moi igualada, foi Bitor Garitaonandia o que avanzou na primeira posición. “A serie foi moi complicada, con competidores de alto nivel que me ían poñer difícil, pero estiven tranquilo, e acabei contento de ter conseguido avanzar”, dixo.
 
Na seguinte serie o cántabro Mario Rasines levouse a mellor onda do evento, logrando un espectacular 9,67 sobre 10. Asegurou que esta serie “foi a mellor da miña vida. Sabía que tiña que acertar, e en canto vin a oportunidade no último momento, fun polo aire”.
 
Completan os cuartos de final masculinos os vascos Keoni Lasa e Markel Vizcarganaga, o francés Sam Piter e o portugués Martim Nunes.
 
Mañá comezará ás 8:00h a última xornada de competición do evento World Junior Tour da World Surf League (WSL).

Deixa un comentario