O mellor surf júnior, á conquista das ondas da Costa da Morte

Os mellores júniores galegos poderán facerse cun pase directo para a competición principal da WSL, na única parada en España do circuíto europeo

A presentación do evento terá lugar o xoves 21 ao mediodía na cidade do surf de Razo

Razo, A Coruña, 15 de setembro- A Costa da Morte, que aspira a converterse en Reserva Mundial de Surf da man da ONG Save The Waves Coalition, é o escenario no que se enfrontarán os e as mellores surfeiras do momento en categoría júnior nas augas de Caión e Razo do 20 ao 24 de setembro no CABREIROÁ JUNIOR PRO RAZO-CAIÓN 2023.

Preto de 200 rexistrados, unha cifra de récord nun campionato júnior na única proba júnior da World Surf League (WSL) ofrecerán espectáculo e toda a emoción da competición cunha magnífica previsión de ondas para mozas e mozos proben a súa destreza nunha proba igualitaria que aposta polo deporte desde a base na cita máis importante do calendario anual para os surfeiros máis novos.

O campionato arrinca o mércores 20 en Caión (A Laracha) cos Triais impulsados por Deporte Galego e a Federación Galega de Surf. Os dous deportistas máis destacados obterán un wildcard da organización, esto é un pase directo á competición principal un por categoría – masculino / feminino. Destacan

nomes como Daniela Alonso (Vigo), Lola Bermúdez (A Coruña), Manuel Fernández (A Coruña) e Iván Rodríguez (Vigo), que tratarán de repetir o seu éxito recente no campionato ABANCA PANTIN CLASSIC GALICIA PROL de Pantín, onde mediron as súas forzas con algún dos mellores surfeiros do planeta como Maxime Huscenot ou Teresa Bonvalot.

A competición continuará en días sucesivos na praia de Razo, en Carballo, coas probas da WSL (JQS 1000) para júniores. Expectación por ver como cabalga sobre as ondas o vasco Kai Odriozola, que vén de gañar o World Qualifying Series (WQS) en Newquay, Inglaterra, e está moi preto de unirse aos Challengers mundiais. Tamén destacar a presenza de dous franceses como Noa Dupouy e Sam Piter, xunto a Markel Vizcarguenaga, ou o luso Francisco Ordonhas.

Na categoría feminina, subliñar o excelente estado de forma das irmás González-Etxabarri, Janire e Anette, que se verán as caras coa forte competidora Aelan Vaast, dunha gran saga de surfeiras de Tahití, e a marroquí Lilias Tebbai, todas elas no tramo máis alto da clasificación despois de competir na Torche, Francia.

A PRESENTACIÓN OFICIAL DO EVENTO SERÁ O XOVES 21 Ao mediodía

O xoves 21 ao mediodía, terá lugar a presentación oficial in situ, a pé de praia, da competición co surfeiro galego Gony Zubizarreta como mestre de cerimonias nunha convocatoria á que están citados autoridades e representantes de institucións públicas- Xunta de Galicia, Concello da Laracha, Concello de Carballo, Deputación da Coruña, Consellería de Emprego e Igualdade e Turismo Galicia- e os patrocinadores privados: Cabreiroá, Jael Xoieiros, Gadis e Vithas, que un ano máis fan posible este evento.

Deixa un comentario