OS RIDERS ESPAÑOIS DO  QS 10,000

O surf español vive un momento cheo de éxitos. Os surfeiros experimentados de recoñecido prestixio e as novas promesas do deporte están a facerse notar cada vez máis a nivel internacional. Entre eles, os que xa se gañaron o seu pase ao ABANCA Galicia Classic Surf Pro.. 

ANDY  CRIERE

Acaba de gañar O  Anglet Pro, Parabén pola vitoria!. Este triunfo fíxolle merecedor dunha  Wildcard Internacional o que supón o seu paso directo ao ABANCA Galicia Classic Surf Pro. O surfeiro vasco-francés está a facer unha tempada  buenísima, é líder da liga  IIberdrola e loita por formar parte do equipo preolímpico español. Sitúase no posto 121 do  Men´ s  QS Clasificación 2019. 

Aranburu / WSL - Heff
Aranburu / WSL – Heff

ARITZ  ARANBURU

Este surfeiro experimentado acumula numerosos éxitos na súa carreira profesional. Un dos seus grandes méritos segue sendo ser o único español a día de hoxe en formar parte de  WCT. O surfeiros  zarautzarra ocupa a posición 50 do  Men´ s  QS Clasificación 2019.

VICENTE ROMERO

Fincado en Ferrol, ten na súa vitrina os títulos de Campión de España en 2013 e 2016, o de Campión de Europa Surf no Open de Casabranca e este ano proclamouse vencedor do  Cabreiroá Pro  Zarautz  Basque  Country  QS1,500. Atópase no posto 56 do  Men´ s  QS Clasificación 2019.

RUBEN VITORIA

Outra promesa do  surfing que saíu da canteira vasca. Con tan só 19 anos coroou o  podium do  Cabreiroá Pro  Zarautz  Basque  Country e acabou en 5º posición nas Américas Pro Tenerife.  Figura o 87 do Men´ s  QS Clasificación 2019.

GONY  ZUBIZARRETA

A afección de Pantín envórcase con  Gony e é que este surfeiro de personalidade irresistible leva anos sendo o mellor surfeiro galego.  Miñorano de adopción, empezou a acumular títulos desde moi pequeno. Ademais, cabe destacar o moi concienciado que está en canto á importancia de preservar os espazos naturais libres de plásticos, e en especial, os galegos. 

Erostarbe / WSL - Barripp
Erostarbe / WSL – Barripp

NADIA  EROSTARBE

Encabeza a lista de novos talentos do surf nacional, sendo unha surfeira de gran regularidade. Este ano gañou dous  QS1,500; o Senegal Pro e Heroes de Maio  Iquique Pro celebrado en Chile. A  Zarautzarra proclamouse na praia de Pantín o ano pasado Campioa de Europa Junior 2018. Ocupa a praza 32 do  Women´ s  QS Clasificación 2019

LETICIA CANLES

Este ano a surfeira biscaíña gañou a medalla de prata nas Américas Pro Tenerife. Entre os seus moitos méritos; ser Campioa do Pro Junior de  Sopelana en 2015 e subcampioa do Pantín Classic Pro 2015. Busca facer un bo papel no  QS para formar parte do equipo preolímpico e ir a Tokio 2020. Atopámola na praza 44 do  Women´ s  QS Clasificación 2019. 

GARAZI  SANCHEZ

Acumula numerosas vitorias, entre elas: Campioa España en 2018 e 2017, terceira no Europeo do 2018 e subcampioa de Europa en 2017. 

Outra das surfeiras vascas que traballa moi duro para conseguir o seu soño, Tokio 2020. 


O vindeiro luns 26 disputaranse os triais nos que están en xogo nada menos que as  wildcards, o que se traduce nun gañar unha praza no  QS10,000 ABANCA Galicia Classic Surf Pro. 

Deixa un comentario